Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 4 de enero de 2017 | Leída 14 veces

Éxito de participación nos obradoiros infantís que se están a realizar durante o Nadal no museo dos muíños de Golmar

De diversas temáticas educativas e culturais. Nas tres xornadas cubríronse as 20 prazas dispoñibles. O último realizarase este xoves en horario de 10:30 a 13:30 horas...

[Img #40649]

No marco do programa de actividades de Nadal, o Concello da Laracha está a desenvolver unha serie de obradoiros infantís de diversas temáticas culturais e educativas no Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte de Golmar.

 

A iniciativa, coa que se procura ofrecer aos nenos actividades ludo-recreativas durante as vacacións ao mesmo tempo que se facilita aos seus pais a conciliación da vida laboral, persoal e familiar, está a ser un notable éxito, cubríndose ata o momento o máximo de vinte prazas en cada unha das xornadas.

 

Os tres primeiros obradoiros xa realizados consistiron na creación de adornos naturais, elaboración de doces de Nadal e personalizar calendarios do novo ano 2017.

 

A última das sesións celebrarase este xoves pola mañá (de 10:30 a 13:30 horas) e a temática xirará en torno á creación de marionetas. As últimas prazas que restan por cubrirse outorgaranse por orde de inscrición –que é gratuíta- no Concello da Laracha.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress