Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 3 de enero de 2017 | Leída 14 veces

A Xunta mobilizará 15 millóns a través do programa Resolve para achegar financiamento a 300 pemes galegas

A Consellería de Economía, Emprego e Industria facilitará a concesión de préstamos para o financiamento do circulante que precisan as pequenas e medianas empresas e os autónomos. Os créditos, con prazos de 7 anos, poderán oscilar entre os 3.000 e os 150.000 euros. O programa, que se activa hoxe, permanecerá aberto ata o próximo 31 de outubro. Desde a posta en marcha desta iniciativa en 2009, aprobáronse máis de 3.000 operacións para mobilizar préstamos bancarios que superaron os 104 millóns de euros...

A Xunta, dentro do seu obxectivo de colaborar co tecido empresarial galego e favorecer a consolidación da recuperación económica de Galicia, ten previsto mobilizar 15 millóns de euros en préstamos para facilitar o acceso ao circulante das pemes galegas a través do lanzamento dunha nova convocatoria do programa Resolve para este ano 2017.

 

Esta medida favorecerá as necesidades de funcionamento ordinario das pequenas e medianas empresas e dos autónomos. A través desta liña, a Consellería de Economía, Emprego e Industria facilitará a concesión de préstamos comprendidos entre 3.000 e 150.000 euros, que aspiran a mellorar a situación financeira de arredor de 300 pemes galegas.

 

Deste xeito, favorécese o acceso ao financiamento de circulante, un dos principais problemas cos que se atopan as compañías. De feito, a activación do Resolve 2017, que se articula a través dun convenio entre o Igape, as Sociedades de Garantía Recíproca (SGR) e as entidades financeiras, permitirá a mobilización de préstamos por 15 millóns.

 

As operacións financeiras apoiadas ao amparo do Resolve terán un prazo máximo de duración de 7 anos, incluídos 2 de carencia. Así mesmo, cómpre salientar que, por segundo ano consecutivo, esta liña de circulante se tramitará polo sistema de anticipado de gasto para procurar que as pemes dispoñan deste instrumento desde comezos de ano.

 

O programa, que se activa hoxe tras a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), permanecerá aberto ata o próximo 31 de outubro. Deste xeito, as empresas disporán de ata 10 meses para presentar as súas propostas, co obxectivo de facer o programa o máis accesible posible.

 

A través do Resolve, posto en marcha en 2009 e enmarcado dentro do programa Galicia 1000, a Xunta ten aprobado máis de 3.000 operacións para mobilizar préstamos para circulante por importe de máis de 104 millóns de euros.

 

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress