Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 3 de enero de 2017 | Leída 50 veces
natacion

Exitosa participación do CNA nos Campionatos Galegos de Natación

O Club Sarval Natación Arteixo completou unha moi boa actuación nos Campionatos Galegos de Inverno de Natación, de categoría absoluta, que finalizaron onte na Piscina Rías do Sur de Pontevedra. Acudía o CNA con un equipo moi xoven (dos 16 participantes só 7 pertencen á categoría absoluta) que competiu extraordinariamente ben, logrando 12 medallas (8 en probas individuais e 4 en remudas) e 5 mínimas para participar en campionatos de España…

[Img #40644]Sendo moi meritorio o traballo realizado polo xovencísimo equipo masculino (tódolos membros salvo un pertencen a categorías inferiores), que logrou un decimoquinto posto participando en 8 finais, cabe destacar a actuación do equipo feminino do CNA, que competiron en 20 finais individuais logrando 2 ouros (Alba Gómez en 100 braza, e 100 libres), 3 pratas (Virginia Naya en 50 e 100 bolboreta  e Alba en 200 braza) e 3 bronces (Alba Gómez en 200 estilos e Virginia Naya en 50 e 100 libres). O equipo feminino acadou tamén 4 metais nas remudas (3 pratas e 1 bronce), finalizando o Campionato en terceiro lugar. Na clasificación conxunta o Club arteixán acadou o oitavo posto.

 

Cabe destacar ademáis que Nerea Iglesias acadou dúas mínimas para os Campionatos de España de categoría infantil e que a junior Alba Gómez fixo o propio para 3 probas do Campionato de España Absoluto.

 

O equipo de Natación da nosa localidade segue a manterse a moi bo nivel dentro da natación galega. Seguiremos atentos ós seus resultados neste novo ano que comeza no que se auguran grandes resultados.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress