Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 3 de enero de 2017 | Leída 13 veces
Deputación da Coruña

Os concellos de máis de 5.000 habitantes poderán solicitar axudas da Deputación da Coruña para a creación de Servizos de Normalización Lingüística

A Deputación da Coruña reduce de 7.000 a 5.000 o número de habitantes necesarios para que un concello poda concorrer á convocatoria de axudas para a creación e mantemento dos Servizos de Normalización Lingüística. As cidades poderán tamén concorrer para reforzar os servizos existentes. Son algunhas das novidades dunha convocatoria á que a Deputación destina case medio millón de euros, cun incremento sobre o ano anterior en que xa se triplicara o orzamento...

Os concellos de máis de 5.000 habitantes e agrupacións de concellos e mancomunidades que, entre eles,alcancen esa cifra mínima poderán concorrer á liña de subvencións en concorrencia competitiva da Deputación da Coruña para a creación e mantemento dos servizos de normalización lingüística. A área de Lingua abre tamén á posibilidade a se presentar á convocatoria ás cidades da Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol mais unicamente para a contratación de persoal técnico de reforzo, “tendo en conta a continua perda de galegofalantes que se produce nestes ámbitos cidadáns”.

 

Nas bases reguladoras da convocatoria -publicadas hoxe día 2 de xaneiro no BOP- contémplase o orzamento destinado á liña que será de 480.000 €, correspondendo un máximo de 12.000 € a cada beneficiario nunha distribución a partes iguais entre cada un dos participantes no programa. A Deputación continúa a incrementar unha liña que vira na anterior edición triplicado o seu orzamento que pasara de 150.000 € aos 432.000 € do pasado ano, duplicando tamén a cantidade recibida por cada un dos concellos que pasaba así de 6.000 a 12.000 euros. No anterior exercicio foran 38 as solicitudes  presentadas con respecto ás 25 do ano anterior. Un total de 56 foron os concellos beneficiados fronte aos 39 da convocatoria previa. 

 

"A planificación lingüística require fundamentalmente de persoal. No noso país temos persoas altamente cualificadas e iso é o mellor que podemos ofrecer para levar a cabo medidas de normalización do noso idioma", defende Goretti Sanmartín, vicepresidente e responsábel da área de Normalización Lingüística da Deputación que presentou a finais do mes de novembro as novidades da convocatoria nunha xuntanza con persoal político e técnico responsábel dos servizos.

 

As axudas económicas destinaranse a a financiar as retribucións do persoal técnico dos servizos de normalización lingüística (SNL) municipais co fin de “incrementar o uso e prestixio da nosa lingua en todos os ámbitos e sectores do termo municipal, non só no seo da propia administración”.

 

A convocatoria contempla, entre outras funcións dos SNL, o asesoramento a administración en política lingüística, velar polo cumprimento da lexislación na materia, fomentar o uso do galego no conxunto da sociedade, propoñer programas de dinamización ou mesmo mellorar a calidade lingüística e comunicativa da administración. Os Servizos funcionarán tamén como elementos de coordinación e apoio entre a Deputación e os concellos en materia de normalización lingüística apoiando e difundindo accións ou á hora de planificar e executar iniciativas conxuntas.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress