Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 3 de enero de 2017 | Leída 24 veces

II Encontro de experiencias ArteixoInnovación: educaTIC

A Concellaría de Relacións coa Comunidade Educativa organiza o II Encontro de experiencias ArteixoInnovación: educaTIC que se levará a cabo os días 17, 18 e 19 de xaneiro nas instalacións do Centro Cívico Cultural de Arteixo...

Consiste nun relatorio de experiencias de educación coas TIC que se desenvolven nos centros de ensino do termo municipal de Arteixo nos niveis de Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional para que todos eles poidan dar a coñecer o seu traballo no ámbito das TIC. Nestas xornadas, por un lado o profesorado presentará a súa forma de traballar pero por outro lado serviralle de formación, xa que vai coñecer de primeira man o traballo realizado polos demais centros educativos do termo municipal.

 

O profesorado dos distintos centros educativos que leva anos traballando activamente na implantación das iniciativas que en cada centro se están levando a cabo actuará como ponente principal.

 

Tamén haberá ponentes externos de recoñecido prestixio

  • Leando Fernández Macho. Director de On the Top e de Neurozona.
  • Pedro Bermejo Velasco. Neurólogo. Presidente da Asociación Española de Neuroeconomía.
  • Raquel Pedrouso. Facilitadora de procesos de aprendizaxe en entornos profesionais e educativos.

 

As persoas interesadas en asistir poderán inscribirse ata o día12 de xaneiro entregando a folla de inscrición presencialmente no Departamento de Educación ou remitíndoa ao correo electrónico educacion@arteixo.org. As prazas son limitadas. A formación está pendente de homologación pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenanción Universitaria.

 

Dentro do programa levaranse a cabo outras actividades complementarias

  • Eu e as miñas circunstancias. Xornadas de formación e información dirixidas ao alumnado da ESO, Bacharelato e Formación Profesional. Levarase a cabo en horario lectivo.
  • Concurso de ANPAS.
  • Exposición tecnolóxica.
  • Talleres de robótica para nenas e nenos de 6 a 16 anos. Inscrición previa no Departamento de Educación do 9 ao 13 de xaneiro.
¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress