Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 3 de enero de 2017 | Leída 10 veces

A Laracha acollerá hoxe unha charla dirixida a mellorar a seguridade no colectivo da terceira idade

Impartida pola Garda Civil. A partir das 10:00 horas na Casa da Cultura. A asistencia é gratuíta e non se require de inscrición previa...

A Casa da Cultura da Laracha acollerá hoxe martes a partir das 10:00 horas unha sesión informativa que impartirá persoal especializado da Garda Civil, en colaboración co Concello da Laracha, no marco do denominado “Plan Mayor Seguridad” que se está a desenvolver por diferentes localidades españolas.

 

Esta sesión vai dirixida ao colectivo da terceira idade e versará sobre problemas de seguridade que lles afectan directamente relacionados, por exemplo, con roubos no domicilio, na rúa ou no entorno de entidades financeiras, estafas, uso fraudulento de contas bancarias e cartillas de aforro, maltrato nas súas diferentes formas e medidas preventivas en relación cos riscos derivados do uso da Internet e das novas tecnoloxías.

 

A asistencia é gratuíta e non se require inscrición previa.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress