Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 3 de enero de 2017 | Leída 4 veces

A Laracha acolle un curso de comercialización e venda electrónica

O prazo de inscrición xa está aberto. Trátase dunha acción formativa gratuíta de 30 horas de duración. Organízase no marco do programa Rede Xiana 2...

O Concello da Laracha acollerá a mediados de xaneiro un curso de comercialización e venda electrónica. Trátase dun programa de formación gratuíta que se oferta a través do proxecto Rede Xiana 2, impulsado pola Deputación Provincial da Coruña e financiado polo Fondo Social Europeo.

 

Nas trinta horas de duración desta acción formativa os alumnos aprenderán que é un negocio online, coñecerán as diferentes plataformas de comercialización existentes e tamén as nocións básicas para crear unha tenda electrónica e xestionala posteriormente. Por último, exporanse técnicas de marketing, publicidade a como mellorar o posicionamento web da empresa.

 

Ata o día 10 de xaneiro permanecerá aberto o prazo de inscrición para que as persoas interesadas poidan presentar as súas instancias e participar no procedemento de selección dos alumnos. No novo edificio administrativo da Larcha tamén se ofrecerá información sobre a documentación a achegar xunto ás solicitudes.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress