Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 31 de diciembre de 2016 | Leída 14 veces
A 6ª edición do torneo de baloncesto

Deputación encomenda a xestión dos centros de interpretación do río Mandeo aos concellos de Curtis e Coirós

A institución provincial sufragará o 100% dos gastos e os concellos encargaranse da atención ao público e a organización de visitas para escolares e asociacións...

[Img #40638]

 

A deputación da Coruña vén de aprobar a renovación dos convenios de xestión dos centros de interpretación do río Mandeo situados en Teixeiro (Curtis) e Chelo (Coirós). O deputado de Contratación, Patrimonio e Equipamento, Xesús Soto, asinou hoxe ambos os dous convenios cos alcaldes de Curtis, Javier Francisco Cainzos, e Coirós, Francisco Quintela.

 

A Deputación financiará o 100% dos gastos de xestión dos centros etnográficos durante o ano 2017, ata un máximo de 13.500 euros no caso de Coirós e de 21.600 en Curtis. Os fondos provinciais sufragarán os salarios do persoal necesario para a atención a visitantes e a organización de visitas guiadas. Ademais, a Deputación porá a disposición dos concellos material didáctico e promocional e medios técnicos xerados no marco do proxecto Mandeo, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

 

Pola súa banda, os concellos comprométense a realizar un mínimo de dúas visitas ao mes para colexios, institutos, asociacións ou calquera entidade da conca do Mandeo interesada. Neste sentido, levarase un rexistro das visitas e elaborarase un dossier fotográfico.

 

Así mesmo, o concello de Coirós comprométese á apertura do centro de interpretación de Chelo os venres, sábados e domingos, de 10 a 13 horas e de 16 a 19 horas.

 

No caso do centro etnográfico de Curtis, ubicado en Teixeiro, o horario de atención ao público será, como mínimo, de martes a venres de 10 a 13 horas e de 16 a 19 horas e os sábados e domingos de 10 a 13 horas.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress