Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 30 de diciembre de 2016 | Leída 18 veces

Feijóo avanza unha achega de 5 millóns de euros para as axudas do Bono de alugueiro social que ampliará a súa duración de dous a tres anos e os seus beneficiarios

Afirma que os beneficiarios poderán seguir tendo unha axuda mensual de ata 200 euros, que poderá incrementarse ata un 20% no caso de que as persoas arrendatarias sexan integrantes dunha familia numerosa ou dunha unidade de convivencia onde necesiten unha vivenda adaptada para algún dos seus membros...

[Img #40633]

 

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou onte na rolda de prensa do Consello unha achega de 5 millóns de euros para as axudas do Bono de alugueiro social que ampliará a súa duración de dous a tres anos e ampliará tamén os seus beneficiarios.

 

No que respecta á contía, Feijóo precisou que con este investimento, os beneficiarios poderán seguir tendo unha axuda mensual de ata 200 euros, que poderá incrementarse ata un 20% no caso de que as persoas arrendatarias sexan integrantes dunha familia numerosa ou dunha unidade de convivencia onde necesiten unha vivenda adaptada para algún dos seus membros.

 

A esta cantidade súmase tamén una axuda única de 600 euros para os gastos derivados da formalización de novos contratos de alugueiro ou para o pagamento de atrasos no caso de permanecer na vivenda obxecto do procedemento xudicial de desafiuzamento.

 

Ademais de ampliar a duración destas axudas de dous a tres anos, Feijóo subliñou que a orde aprobada hoxe establece a incorporación de dous novos colectivos susceptibles de beneficiarse do Bono de alugueiro social: arrendatarios de vivendas de promoción pública propiedade da Xunta cuxa vixencia do contrato rematase despois da entrada en vigor desta orde. E, persoas ás que, por concorrer circunstancias de emerxencia social e non acadar os ingresos necesarios establecidos no Programa de vivendas baleiras, a comisión de seguimento e coordinación de dito programa lles propoña a adxudicación dunha vivenda no marco de dito programa.

 

Neste senso, Feijóo fixo fincapé na importancia de que os concellos se insiran no Programa de vivendas baleiras, posto que é o único xeito de actuar de forma coordinada entre os concellos e a Xunta.

 

O presidente do Goberno galego concluíu lembrando que o Bono de alugueiro social enmárcase nas 12 medidas adoptadas pola Xunta fronte aos desafiuzamentos e en defensa do dereito á vivenda. Non en van, ao abeiro destas iniciativas xa se atenderon a máis de 1.100 familias, entre as que se atopan as 248 ás que xa se lles concedeu o Bono de Alugueiro Social.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress