Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 30 de diciembre de 2016 | Leída 13 veces
cambre

O pleno de Cambre aproba o cambio de uso da Casa Arrigada e as bases do Cambre Emprende

O pleno da Corporación aprobou as bases da convocatoria pública da subvención municipal á creación de empresas do Concello de Cambre – Programa Cambre Emprende 2016, así como a súa convocatoria. A proposta prevé subvencionar a cota de autónomos durante os primeiros doce meses de actividades para os emprendedores. A proposta foi apoiada por todos os grupos...

[Img #40632]Por outra banda, a proposta do goberno local de destinar o edificio denominado “Casa Arrigada” á oficina municipal de información xuvenil (OMIX) e outros servizos públicos foi aprobada cos votos do goberno local (UxC, PSOE e BNG) e de Ciudadanos, e os votos en contra de PP e ACDC. O edil non adscrito abstívose.

 

Aprobáronse tamén os tres expedientes de recoñecemento de obrigas procedentes de exercicios anteriores con cargo ao Orzamento de 2016. Trátase de facturas que se presentaron fora do exercicio no que se prestou o servizo.

 

Por outra banda, aprobouse a modificación da data de celebración das sesións ordinarias do Pleno municipal e da Xunta de Voceiros. Proponse celebrar os plenos e as xuntas de voceiros os xoves em lugar dos mércores. A proposta aprobouse  cos votos a prol de todos os grupos agás o concelleiro non adscrito e ACDC que se abstiveron.

 

O pleno debatiu tamén unha moción urxente presentada polo grupo municipal de Asemblea Cidadá de Cambre sobre a creación dunha Ordenanza que regule o control e uso dos camiños de titularidade municipal. O goberno local e a maioría dos grupos entenden que antes de facer esta ordenanza ten que aprobarse o inventario municipal para saber cales camiños son públicos e cales privados. Asemade, sinalan que ca existe lexislación que protexe o uso dos camiños públicos. A proposta de ACDC foi apoiada só polo edil non adscrito é rexeitada cos votos en contra do goberno local, Ciudadanos e Partido Popular.

 

Tratouse unha moción urxente presentada polo BNG de Cambre co fin de de que a Corporación manifestase a súa condena do golpe de Estado perpetrado por Franco en xullo de 1936 cando se cumpren xa 80 anos da sublevación contra un estado democrático. 


A proposta foi moi debatida pólos grupos e apróbouse cos votos a prol de todos os grupos agás os do Partido Popular, que sinalou que o seu voto en contra débese a que a moción non foi igual á presentada no Parlamento gallego e que non é hora de “abrir feridas”.

 

Finalmente aborsouse  unha moción presentada polo PSOE de Cambre sobre á solicitude ao Estado para que permita utilizar o superávit das administracións locais en investimentos sustentables. Aprobouse a moción por unanimidade.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress