Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 30 de diciembre de 2016 | Leída 9 veces
Deputación da Coruña

Os dez parques de bombeiros comarcais da provincia da Coruña realizaron 1.672 intervencións o ano pasado, cun tempo medio de resposta de 14,8 minutos

Os tempos de resposta e intervención reducíronse e 3,2 e 5,6 minutos, respectivamente, con respecto a 2014. Incendios, accidentes de tráfico e fugas de gas e auga centran a maior parte das intervencións. O pleno do Consorcio Provincial de Bombeiros aproba a prórroga do convenio de comarcalización do parque de bombeiros de Ferrol, que seguirá prestando servizo aos concellos de Ares, Cedeira, Fene, Mugardos, Neda e Valdoviño ata o 31 de decembro de 2017. Onte constitiuse o Consello Consultivo do Consorcio Contra Incendios e Salvamento da Coruña, un novo órgano que da voz aos alcaldes dos dez concellos da provincia nos que se ubican os parques de bombeiros…

[Img #40631]

 

A sede da Deputación da Coruña acolleu onte pola mañá un pleno extraordinario do Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento da Coruña, presidido polo titular do ente provincial, Valentín González Formoso, no que se aprobou a prórroga do convenio co Concello de Ferrol para que o parque da cidade naval dea servizo en materia de emerxencias aos concellos de Ares, Cedeira, Fene, Mugardos, Neda e Valdoviño.

 

Ningún destes concellos conta con parque propio de bombeiros, xa que a lei establece un número determinado de habitantes ou extensión para esixir a creación dunha instalación deste tipo. O novo convenio terá vixencia ata o 31 de decembro de 2017 e suporá unha achega económica de 236.696.14 euros que garante a continuidade na prestación dun servizo que vén funcionando con bós resultados dende 2014.

 

González Formoso destacou que a aprobación do convenio permitirá que os máis de 45.000 veciños destes seis concellos da ría de Ferrol sigan contando durante o vindeiro ano cun servizo cualificado e profesional de asistencia en caso de emerxencia.

 

Dar voz aos alcaldes nun Consello Consultivo

Na xornada de hoxe constituiuse ademais o Consello Consultivo do Consorcio, un novo órgano que da voz aos alcaldes dos 10 municipios nos que se ubican os parques comarcais de bombeiros da provincia da Coruña (Carballo, Arteixo, Boiro, Ribeira, Ordes, Arzúa, Betanzos, As Pontes, Cee e Santa Comba).

 

Entre as funcións deste novo órgano está emitir informes previos á memoria anual de actividades do Consorcio e á sinatura de convenios de colaboración como o aprobado hoxe para Ferrol, así como efectuar funcións de comité asesor de protección civil a nivel comarcal e servir como entidade de apoio ao presidente.

 

Ademáis dos alcaldes dos municipios onde se ubican os parques comarcais de bombeiros, o Consello Consultivo conta con dous representantes da Deputación da Coruña, dous representantes da Xunta de Galicia, e está presidido polo presidente do Consorcio provincial contra incendios.

 

1.672 intervencións o ano pasado

O pleno do Consorcio Contra Incendios aprobou na sesión de hoxe a memoria de actividade do ano pasado, que recolle un total de 1.672 intervencións nos 10 parques de bombeiros comarcais e as intervencións do parque de Ferrol fóra da cidade naval, incluidas no convenio de comarcalización.

 

Destas 1.672 intervencións, 192 corresponde ao parque de bombeiros de Carballo, 305 ao de Arteixo, 240 ao de Boiro, 212 ao de Ribeira, 139 ao de Ordes, 106 ao de Arzúa, 225 ao de Betanzos, 89 ao de As Pontes, 68 ao de Cee, 61 ao de Santa Comba e 35 á comarca de Ferrol.

 

Por tipo de intervención destacan os incendios en vivendas, locais, naves e vehículos (489), seguidos de incendios forestais (76), fugas de auga e gas (85), accidentes de tráfico (69), excarceracións (54), limpeza de estradas (94) ou retirada de árbores (42). Tamén se efectuaron 27 saídas para actividades preventivas, 6 por derrubamentos, 64 para rescates de persoas, 12 para rescates de animais e 25 simulacros.

 

O tempo medio de resposta (tempo transcurrido dende a chamada de emerxencia ata a chegada ao incidente) foi de 14,8 minutos e o tempo medio de intervención (dende a chegada dos bombeiros ao incidente ata a súa resolución) foi de 41,34 minutos.  Ambos tempos medios redúcense en 3,2 minutos e 5,6 minutos, respectivamente, con respecto aos datos de 2014.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress