Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 30 de diciembre de 2016 | Leída 30 veces

ABANCA e o Dépor únense para impulsar o fútbol feminino

A iniciativa ten o obxectivo de consolidar o proxecto de fútbol feminino posto en marcha polo Dépor o pasado verán...

[Img #40630]

 

ABANCA e o Real Club Deportivo decidiron, dentro do marco de colaboración que os une, potenciar os equipos femininos do Club e sumar os seus nomes na denominación dos mesmos, que pasarán a chamarse, oficialmente, Deportivo ABANCA e Deportivo ABANCA B (co seu nome corto Dépor ABANCA).

 

O apoio de ABANCA ao Dépor supón un respaldo fundamental para consolidar o proxecto de fútbol feminino posto en marcha polo Club este verán e que ten como obxectivo converter os equipos branquiazuis na referencia do fútbol feminino en Galicia e, a medio prazo, nun dos equipos importantes do fútbol español. Para a entidade financeira galega, é un paso máis no seu decidido apoio ao mundo do deporte en todas as modalidades e en todas as categorías materializado fundamentalmente co patrocinio de máis dun centenar de clubs e 14.000 deportistas galegos a través da Fundación Deporte Galego.

 

O acordo foi anunciado este mediodía polo presidente do Real Club Deportivo, Tino Fernández, no acto de presentación da I Memoria de Sostibilidade do Club, na que un apartado destacado é o que fai referencia ao "Compromiso coa Igualdade" que queda patente coa posta en marcha deste proxecto e o novo apoio de ABANCA. Xusto despois do anuncio, as xogadoras do Dépor ABANCA Estefi e María Corral, acompañadas polo presidente deportivista, mostraron por primeira vez como serán as camisetas do equipo para o que resta de temporada coa imaxe de ABANCA tanto na parte frontal como na manga. ABANCA figurará tamén no resto de soportes e comunicación vinculados aos equipos.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress