Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 30 de diciembre de 2016 | Leída 16 veces

A Laracha acollerá unha charla dirixida a mellorar a seguridade no colectivo da terceira idade

Impartida pola Garda Civil. Terá lugar o martes 3 de xaneiro na Casa da Cultura. A asistencia é gratuíta e non se require de inscrición previa...

[Img #40629]

 

A Casa da Cultura da Laracha acollerá o martes da próxima semana (día 3 de xaneiro) unha sesión informativa que impartirá persoal especializado da Garda Civil, en colaboración co Concello da Laracha, no marco do denominado “Plan Mayor Seguridad” que se está a desenvolver por diferentes localidades españolas.

 

Esta sesión vai dirixida ao colectivo da terceira idade e versará sobre problemas de seguridade que lles afectan directamente relacionados, por exemplo, con roubos no domicilio, na rúa ou no entorno de entidades financeiras, estafas, uso fraudulento de contas bancarias e cartillas de aforro, maltrato nas súas diferentes formas e medidas preventivas en relación cos riscos derivados do uso da Internet e das novas tecnoloxías.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress