Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 29 de diciembre de 2016 | Leída 11 veces

Ethel Vázquez salienta que a Xunta lidera a reivindicación de servizos ferroviarios de calidade, competitivos e modernos para que os veciños de Lugo se beneficien da alta velocidade e poidan viaxar a Madrid en 3 horas

Vázquez Mourelle sinala que o seu departamento iniciará no primeiro trimestre do ano a contratación da redacción dos estudos previos para o deseño da terminal de autobuses incluída na intermodal da cidade de Lugo. Lembra que Fomento lle trasladou que en breve comezarán as probas de homologación na variante da Pobra de San Xiao, previas á súa posta en servizo ao longo de 2017, e que o seguinte tramo no que se vai actuar é a variante de Canabal...

[Img #40628]

 

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, salientou onte que a Xunta está a liderar a reivindicación de liñas e servizos ferroviarios “de calidade, competitivos e modernos” para que os veciños de Lugo se beneficien da alta velocidade e poidan viaxar a Madrid no contorno das 3 horas.

 

Segundo lembrou Ethel Vázquez, hai uns días mantivo unha xuntanza de traballo co secretario de Estado de Infraestruturas, na que o Ministerio ratificou o seu compromiso coa modernización da liña Lugo-Monforte-Ourense. Neste encontro, Fomento comunicoulle á Xunta avances importantes como que, de maneira inmediata, comezarán as probas de homologación na Variante da Pobra de San Xiao, previas á súa posta en servizo, que se producirá ao longo de 2017, o que xa suporá unha redución na lonxitude de trazado e, polo tanto, tamén se traducirá en aforro de tempo.

 

Así mesmo, informou de que o Ministerio xa traballa coa previsión de continuar a mellora da conexión ferroviaria con Lugo e que o seguinte tramo no que se vai a actuar é Variante de Canabal.

 

A Xunta, paralelamente, no ámbito das súas competencias, está a impulsar as estacións intermodais, coa construción de terminais de autobuses integradas nas terminais ferroviarias. Neste sentido, a conselleira adiantou que os Orzamentos da Xunta para 2017 recollen unha partida para a redacción dos estudos previos para o deseño da terminal de autobuses incluída na intermodal da cidade de Lugo, cuxa contratación se iniciará no primeiro trimestre do ano.

 

A titular de Infraestruturas do Goberno galego demandou no pleno do Parlamento “responsabilidade, unidade e colaboración” en defensa do AVE galego, e conseguir que a Administración do Estado dispoña o antes posible duns Presupostos aprobados e evitar así as consecuencias dun novo bloqueo.

 

A titular de Infraestruturas explicou que o Ministerio de Fomento se comprometeu a trasladar no mes de xaneiro o calendario previsto para que o AVE chegue a Galicia no menor prazo posible. Indicou que nos últimos días ten habido avances co desbloqueo de 4 dos 5 treitos que presentaban dificultades.

 

Ethel Vázquez subliñou que o ferrocarril é unha infraestrutura que ten experimentado un cambio substancial nos últimos anos na comunidade. Destacou o compromiso do Executivo español co impulso das infraestruturas galegas coa mobilización de máis de 4.100 millóns de euros por parte do anterior Goberno, situando a comunidade á cabeza dos investimentos estatais en toda España. Así, apuntou que todos os treitos da liña entre Galicia e Madrid, agás a variante de Ourense, están en servizo ou en execución.

 

A finalización e posta en marcha do Eixe Atlántico, en abril de 2015, reforzou a conectividade interior; veu incrementar a oferta en canto a prazas, no contorno do 40%; e a reducir os tempos das viaxes de xeito significativo, ata un 50%.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress