Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 29 de diciembre de 2016 | Leída 16 veces
psoe

“O PSdeG-PSOE de Arteixo solicitará unha reunión urxente para modificar a Ordenanza das Axudas de Emerxencia Social, para garantir que non queden excluídas moitas familias que actualmente non poden recibilas e están nunha situación vulnerable”

Dende o Grupo Municipal Socialista despois do esforzo realizado no anterior mandato, para presionar ao Grupo de Goberno do PP a que actualizase e mellorase a Ordenanza de Axudas de Emerxencia Social, cremos que chega o momento de efectuar novos trocos que fagan posible axudar a moitas familias que necesitan temporal ou puntualmente da solidariedade da súa administración, para solventar problemas económicos de subsistencia e que co redactado actual non poden recibir estas axudas...

A día de hoxe unha persoa cuns ingresos mensuais de 540 euros, ou unha familia de dous membros con ingresos de 615 euros ou de tres membros que ingresa 700 euros ao mes, sen cargas pola súa vivenda, non entra dentro dos requisitos necesarios para poder acceder a este tipo de axudas e todos somos conscientes da situación de pobreza que moitas familias teñen que soportar pola falla dun emprego digno que garanta ditos ingresos.

 

Dende o PSdeG-PSOE pensamos que debe trocar a Ordenanza de Emerxencia Social, eliminando dita cláusula relativa ao IPREM e que sexa unha Comisión de Valoración Técnica do Departamento de Servizos Sociais sen presenza política, como a que ten o concello de Vigo, a que analice caso por caso, poñendo enriba da mesa, as diferentes situacións sociais que ten cada solicitante, facilitando o acceso ás axudas, a familias que non as necesitan periodicamente, pero si necesitan acceder puntualmente a elas ao longo do ano, para poder afrontalos diferentes gastos de alimentación, suministros, vivenda ou gastos farmaceúticos.

 

Non podemos lucir unha capacidade de inversión en infraestruturas de 7 millóns de euros neste 2017, mentres unha parella cun fillo con capacidades diferentes, que ten concedido polo banco unha moratoria ao pago da súa hipoteca, que ingresa menos de 800 euros, derivados dun paro de larga duración nun dous seus integrantes, un pequeno salario nunha empresa de servizos noutro e unha axuda pola minusvalía do fillo, teña graves problemas para poder afrontar os gastos do día a día, sen que o concello puidera terlles axudado nin unha soa vez en todo o ano 2016.

 

Tamén cremos que o PP, debera retomar a fórmula proposta polo noso grupo na implantación do Bono Comedor, despois do fracaso estrepitoso da posta en marcha dun Comedor Social, que nunca conseguiron poñer en marcha despois de presupostalo en varios exercicios anteriores, con axudas directas as familias e subsidiariamente aos empresarios hostaleiros do noso concello. E por suposto facer máis e mellores políticas transversais entre os departamentos de Servizos Sociais e Emprego, para que moitas familias que derivadas da crise, se atopan con algún dos seus integrantes en situación de paro de longa duración e con idades de difícil acceso ao mercado laboral.

 

O Grupo Municipal Socialista xa lle ten comunicado ao alcalde e ao resto dos grupos da oposición, a intención de solicitar a convocatoria dunha Xunta de Voceiros urxente, con presenza técnica, para estudar estas modificacións e pídelle ao Grupo de Goberno do PP, que reserve unha partida maior no presuposto de 2017 para poder flexibilizar ditas axudas aos veciños do noso concello, que actualmente non poden acceder e están nunha situación vulnerable.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress