Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 27 de diciembre de 2016 | Leída 11 veces
Deputación da Coruña

Máis de 12.000 persoas participaron no DAC Outono Cultural que a Deputación da Coruña levou a 18 concellos

Un amplo elenco de artistas de primeira liña representou as obras “Barriga Verde”, “Retrincos de Castelao” “Menú da fala” e “Gala da Irmandade”, levando estas figuras da nosa cultura a centros de ensino, aulas de cultura, auditorios e teatros…

[Img #40612]

 

Máis de 12.000 persoas participaron no programa de artes escénicas DAC Outono Cultural que a Deputación da Coruña levou a 18 concellos da provincia do 2 novembro ao 19 de decembro para achegar as figuras de Manuel María, Alfonso R. Castelao e as Irmandades da Fala a un público heteroxéneo e de todas as idades, poñendo o ramo a un 2016 en que foron protagonistas do ano cultural.

 

O programa cultural do outono da Deputación da Coruña levou representacións escénicas aos concellos de  Ames, Negreira, Arzúa, Betanzos, Carballo, Cee, Melide, Muros, Narón, Noia, Oleiros, Ordes, Ortigueira, Padrón, As Pontes, Ribeira, Santa Comba e Vimianzo. O DAC Outono Cultural desenvolveuse desde o 2 de novembro até o 19 de decembro.

 

Conto na súa programación coa participación dunha ampla representación de artistas entre os que se atopaban algúns dos nomes do noso panorama escénico máis coñecidos dentro e fóra de Galiza como Isabel Risco, Carlos Blanco, Luís Davila, Luís Iglesia, Caxade, Fran Rei, Xabier Deive, Mago Teto, Diego Rey, Mónica de Nut, Ánxela Blanco, Paula Quintás, e grupos teatrais moi populares como Os Quinquilláns, Boneca Lareta, e participación de artistas locais como a dos pallasos Ciber Punk, entre outras.

 

A destacar o elenco de artistas da “Gala da Irmandade”, un espectáculo multidisciplinar que mestura, teatro, danza e ópera, que contou en case todas as funcións coa participación de entre 12  e 14 actores e actrices.

 

“O DAC Outono Cultural deseñouse como unha programación específica, con entidade propia, composta por grandes apostas das artes escénicas da nosa contemporaneidade e outras iniciativas de participación social que trouxeron aos nosos días as tres figuras e movementos protagonistas das efemérides culturais do ano”, sinalou a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín.

 

Éxito nos centros de ensino

Cabe destacar no desenvolvemento do proxecto o éxito acadado nos centros de ensino coas representacións de “O Conto de Barriga Verde” e “Retrincos de Castelao” que levaron as obras e as figuras de Manuel María e Castelao a máis de 40 centros de Primaria e Secundaria, cunha audiencia total de 7.000 escolares de entre 6 e 18 anos de idade.

 

Ademais de motivar e levar o legado cultural das tres figuras do mundo da cultura á rapazada con representacións teatrais, o DAC Outono Cultural quixo achegarse tamén ao público xeral representando dúas obras corais e de gran formato ”Menú da Fala” e “Gala da Irmandade”, en centros de cultura, auditorios e teatros, logrando tamén gran éxito de público, con arredor de 5.000 personas de todas as idades nos 18 concellos.

 

En cada un dos concellos, o DAC- Outono Cultural contou coa participación activa das asociacións culturais locais  que colaboraron creando un vídeo viral arredor dun poema de Manuel María e que serviu tamén para difundir o programa, entre o público asistente.

 

Material divulgativo

Para difundir a programación do DAC Outono Cultural, a Deputación da Coruña tamén elaborou e repartiu diverso material divulgativo entre o público e o alumnado dos centros de ensino. En total distribuíronse 9.000 folletos xerais e 32.400 folletos de man. Tamén se entregaron nos centros escolares 7.200 xogos da oca e 3.500 xogos de lapis, con información das figuras de Castelao, Manuel María e As Irmandades da Fala.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress