Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 27 de diciembre de 2016 | Leída 10 veces
Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña apoia ao Hockey Club Liceo

O deputado responsable de Deportes e o presidente do Liceo asinaron un convenio de colaboración polo que a institución provincial achegará 85.000 euros para apoiar ao club coruñés...

[Img #40610]

 

A Deputación da Coruña vén de conceder unha axuda de 85.000 euros ao Hockey Club Liceo da Coruña para financiar as actividades e gastos de mantemento derivados da participación na Copa de Europa de hockey sobre patíns e na OK Liga.  A institución provincial colaborará así coa entidade deportiva coruñesa no financiamento dos desprazamentos, material e actividades tanto do primeiro equipo como das categorías inferiores do club coruñés.

 

O deputado responsable da área de Deportes, José García Liñares, asinou o convenio de colaboración co presidente do club, Eduardo Lamas. Con esta achega económica, a Deputación pretende contribuír ao mantemento dun club de referencia no hockey español, e que promove a práctica deportiva formando a máis de 1.000 mozos e mozas coruñeses.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress