Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 27 de diciembre de 2016 | Leída 10 veces

Ethel Vázquez anuncia o inicio da contratación do proxecto de creación da senda a Laracha-Paiosaco

O mércores publicarase a licitación no DOG. A actuación afecta a 1,5 km lineais e está valorada en 700.000 euros. A Consellería de Infraestruturas e Vivenda tamén contratará en 2017 o proxecto da senda A Laracha - O Cancelo, cun orzamento próximo ao millón de euros...

[Img #40609]A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, visitou onte a Casa do Concello da Laracha, onde mantivo unha reunión de traballo cos membros do grupo de goberno local, encabezados polo alcalde, José Manuel López Varela.

 

O motivo do encontro foi anunciar o inicio do procedemento de contratación da senda que comunicará os núcleos urbanos da Laracha e de Paiosaco por unha das marxes da estrada AC-552. O mércores publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG) da licitación do proxecto, abríndose nese momento o prazo para que as empresas interesadas presenten as súas ofertas.

 

Ethel Vázquez apuntou que a nova infraestrutura potenciará o tránsito a pé e tamén en bicicleta ao longo dos 1.500 metros do seu percorrido, no que se creará un ámbito separado da zona de rodadura dos vehículos para unha maior seguridade e comodidade nos desprazamentos. O investimento situarase en torno aos 700.000 euros e, tendo en conta que o prazo de execución é de seis meses, a previsión é iniciar e mesmo finalizar as actuacións ao longo do ano 2017.

 

O outro proxecto de similares características que a conselleira de Infraestruturas e Vivenda levará a cabo no Concello da Laracha consiste na creación dunha senda na AC-552 cara a outra dirección, desde o casco urbano da Laracha e ata O Cancelo (Cabovilaño), no cruce coa estrada do Igrexario. Neste caso a actuación abrangue unha distancia duns dous quilómetros e o orzamento é próximo ao millón de euros, estando previsto o inicio do procedemento de contratación no primeiro semestre de 2017. Por tanto, entre os dous proxectos a Xunta de Galicia investirá preto de dous millóns de euros.

 

José Manuel López Varela, alcalde da Laracha, quixo agradecer “o compromiso da Xunta co Concello”, que permitirá que “as zonas máis poboadas do municipio queden unidas por sendas que tamén achegarán os servizos públicos aos veciños”, xa que suporá a mellora dos accesos ás infraestruturas sanitarias (centro médico), educativas (colexio, escola infantil e instituto), culturais (Casa da Cultura e biblioteca municipal), deportivas (pavillóns, campo de fútbol e piscina municipal), administrativas (Casa do Concello) e de servizos sociais (servizos múltiples e aula lúdica). O rexedor municipal lembrou que a día de hoxe “estanse empregando os arcéns para poder desprazarse a pé ou en bicicleta” polo que estes proxectos “van ser moi ben valorados polos veciños”.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress