Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 27 de diciembre de 2016 | Leída 7 veces

Hoxe pola tarde, propostas infantís e para bebés no marco do programa municipal de Nadal

Catarolas pra xente miúda organízase coa colaboración da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia. O espectáculo sensorial para bebés realizarase en dous pases e é preciso inscrición previa ao estar as prazas limitadas...

O Concello da Laracha continúa desenvolvendo o programa municipal de actividades culturais e educativas, que inclúe propostas especialmente dirixidas ao público infantil co obxectivo de optimizar o seu tempo libre nas vacacións e facilitar a conciliación laboral e persoal das súas familias. Mañá martes pola tarde haberá dobre proposta, unha delas dirixida a nenos e, a outra, a bebés.

 

A Casa da Cultura acollerá a partir das 17:00 horas o concerto didáctico Cantarolas pra xente miúda, un espectáculo a cargo de Senén Vaamonde e músicos do grupo A Roda que se ofrece co propósito de que os nenos asistentes coñezan o proxecto musical que compartiron dúas das figuras máis representativas da historia da música e as letras galegas: Xosé Neira Vilas e Suso Vaamonde. A actividade é organizada coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia a través da Rede de Dinamización Lingüística, na que está integrada o Concello da Laracha.

 

Ademais, no baixo da biblioteca municipal da Laracha ofértase o espectáculo sensorial para bebés A alfombra máxica, que será a cargo da compañía de Títeres Babaluva. Haberá dous pases, ás 17:00 e ás 18:30 horas. En ambos casos as prazas son limitadas e é preciso reservalas previamente no Concello da Laracha de xeito gratuíto.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress