Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 27 de diciembre de 2016 | Leída 15 veces

55 persoas con enfermidade mental acceden a un emprego no 2016 grazas ao Programa Incorpora

A través deste programa de Obra Social “la Caixa”, FEAFES Galicia realiza un achegamento ás empresas para favorecer a inserción laboral dun colectivo discriminado no mercado de traballo. No 2016, FEAFES Galicia atendeu a 318 demandantes de emprego, visitou 60 empresas novas e realizou 8 convenios de colaboración con estas ao amparo do Programa Incorpora...

[Img #40608]

Incorpora Galicia é un programa de Obra Social "la Caixa" para a integración laboral de colectivos en risco de exclusión social do que forman parte oito entidades sociais galegas. A través de Incorpora, as entidades forman ás persoas a partir das necesidades das empresas e capacitan aos profesionais á medida dos seus empregadores.

 

FEAFES Galicia forma parte do Grupo Incorpora da nosa comunidade, realizando deste xeito accións para favorecer a inserción laboral das persoas con enfermidade mental. A través deste programa, FEAFES Galicia ofrece un servizo integral gratuíto con técnicos de inserción laboral que proporcionan todo o asesoramento necesario para a empresa, así como pleno apoio en todas as fases do proceso: dende a selección ata a completa integración no posto de traballo.

 

Durante o 2016, ao amparo deste programa, FEAFES Galicia atendeu a un total de 318 persoas con enfermidade mental en busca de emprego e xestionou 90 ofertas de traballo, as cales supuxeron 72 inserción laborais de 55 persoas, 24 delas mulleres e 31 homes.

 

En canto á relación coas empresas, durante este ano FEAFES Galicia visitou 138 empresas que xa viñan colaborando coa entidade e outras 60 novas coa fin de informar e asesorar aos empresarios sobre a contratación de persoas con enfermidade mental. Destas novas empresas, 8 asinaron convenios de colaboración con FEAFES Galicia durante o 2016.

 

Saúde mental e emprego

Segundo o censo da Consellería de Política Social, en Galicia hai 29.814 persoas con certificado de discapacidade por enfermidade mental. De todas elas, menos do 5% teñen un emprego estable, e case a metade deles asegura ter sufrido algún tipo de discriminación laboral.

 

O traballo non é só unha fonte de ingresos e de independencia económica, senón que tamén é un factor estabilizador e integrador que identifica ás persoas como cidadáns, como elementos activos da sociedade. Ó igual que lle sucede ó resto da sociedade, as persoas con trastornos mentais ven no emprego un camiño cara a normalización, pois trátase dunha fonte de identidade que ofrece sentimentos de utilidade e motivación. Ademais, neste caso, o traballo ten unha función terapéutica, substituíndo o rol de enfermo polo rol de traballador.

 

A Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia, FEAFES, aposta firmemente pola integración laboral das persoas con enfermidade mental como un elemento normalizador, defendendo e demostrando a valía deste colectivo e as súas capacidades para integrarse plenamente na sociedade. Grazas á bolsa de emprego da entidade, no 2015 realizáronse 319 contratos de traballo aos que accederon 183 usuarios, dun total de 2.631 persoas beneficiarias do Servizo de Emprego. 

 

FEAFES Galicia

A Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro constituída en 1995. A súa misión é representar os dereitos e necesidades do movemento asociativo das persoas con enfermidade mental. De carácter social, esta entidade ten como obxectivo principal a adopción de medidas que contribúan á mellora da calidade de vida das persoas que sofren problemas de saúde mental e a dos seus familiares.

 

O ámbito de actuación de FEAFES Galicia abrangue todo o territorio autonómico. Actualmente agrupa a 14 asociacións repartidas por toda a comunidade galega, posúe centros e servizos en 30 localidades e conta cun total de 5.900 socios.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress