Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 24 de diciembre de 2016 | Leída 24 veces

Entregados os quince premios dos concursos de postais e contos de Nadal

No acto público celebrado esta mañá na Casa da Cultura. Os autores dos mellores traballos recibiron xogos, libros e material educativo...

[Img #40601]

 

O alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, e a edil Rocío López fixeron entrega onte ao mediodía dos quince premios outorgados nos concursos municipais de postais e contos de Nadal. O acto desenvolveuse na Casa da Cultura da Laracha, contando coa presenza dos galardoados, os seus familiares e tamén da directora do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco, Agripina Alfeirán.

 

Ao certame presentáranse máis de trescentos traballos, que foran valorados polo xurado formado por Patricia Bello -concelleira de área de ensino, cultura e deportes- a directora do Centro de Información ás Mulleres (CIM) da Laracha, a responsable da biblioteca e representantes dos colexios da Laracha, Paiosaco e Caión.

 

Concurso de Postais

Categoría A (educación infantil)

  • Aula de 4º do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco.
  • Aula de 5º A do CEIP Otero Pedrayo da Laracha.
  • Aula de 5º B e C do CEIP Otero Pedrayo da Laracha.
  • Aula de infantil do CEIP de Caión.
  • Escola unitaria EEI de Cumiáns (Montemaior).
  • Aula de 6º do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco.

 

Categoría B (primeiro ciclo de educación primaria)

  • Sara Valiña Souto (1ºB do CEIP Otero Pedrayo da Laracha).
  • Unai López Pensado (1ºA do CEIP Otero Pedrayo da Laracha).
  • Jesús Fernández Cabeza (1ºB do CEIP Otero Pedrayo da Laracha).

 

Categoría C (segundo ciclo de educación primaria)

  • Sara Makboul (4º do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco).
  • Aisel Regueira Cotelo (4º do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco).
  • Berta Iglesias Fuentes (3º do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco).

 

Concurso de Conto (dirixido a estudantes do 3º ciclo de primaria)

  • Antonio Mato Martínez (6º de primaria do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco) por Papá Noel por error.
  • Pedro Fariña López (6º de primaria do CEIP de Caión) por A gran traxedia do Nadal.
  • Daniel Figueroa Fraga (6º de primaria do CEIP Alfredo Brañas) por Carlos y la Navidad al revés.
¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress