Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 23 de diciembre de 2016 | Leída 13 veces

A aula lúdica amplía o seu horario polo nadal e organiza unha nova programación para as festas

Entre o 22 de decembro e o 5 de xaneiro abrirá de 9 a 14 e de 16:30 a 20:30 horas. A diario haberá actividades relacionadas co Nadal. O servizo é totalmente gratuíto e para ser usuario é preciso solicitalo previamente no CIM...

A aula lúdica municipal do Concello da Laracha amplía o seu horario polo Nadal. Durante as próximas dúas semanas este servizo, que se ofrece no edificio de Servizos Múltiples da capital municipal da Laracha, estará dispoñible para os usuarios tanto en horario de mañá como no de tarde, nove horas diarias, de 9:00 a 14.00 e de 16:30 a 20:30 horas.

 

Desde hoxe e ata o 5 de xaneiro o persoal docente encargado da aula lúdica organizará unha programación especial cunha serie de actividades moi relacionadas coas festas, incluíndo sesións todos os martes e venres.

 

Durante as festas a instalación soamente pechará ao público nas fins de semana e tamén o día 5 de xaneiro pola tarde, momento no que se celebrará a cabalgata dos Reis Magos e tamén a festa infantil no pavillón do IES Agra de Leborís, eventos incluídos no programa municipal de Nadal.

 

A aula lúdica municipal da Laracha é un servizo de axuda á conciliación persoal, laboral e familiar totalmente gratuíto para os usuarios. Está situada no edificio de Servizos Múltiples da capital municipal da Laracha e os pais poden deixar aos seus nenos de entre 3 e 12 anos de idade participando nas actividades que se realizan en compañía de rapaces da súa idade e atendidos por mestres especializados en educación infantil.

 

Para poder ser usuario debe solicitarse previamente no Centro de Información ás Mulleres da Laracha, achegando a correspondente documentación.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress