Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 22 de diciembre de 2016 | Leída 17 veces

O Concello distribuirá ás familias sen recursos os 170 kg de alimentos doados por traballadores de Celsa Atlantic

Foron entregados hoxe á concelleira Rocío López por parte de Agustín Méndez e David Pazos. A iniciativa solidaria foi organizada polos propios empregados da factoría...

[Img #40586]

 

O Concello da Laracha distribuirá nos próximos días, entre familias do municipio con baixos recursos económicos, os 170 quilos de alimentos que foron doados polos traballadores da planta de Lendo da empresa multinacional española Celsa Atlantic.

 

Agustín Méndez e David Pazos, empregados da siderurxia e en representación de todos os seus compañeiros, fixeron hoxe entrega á concelleira de Servizos Sociais, Rocío López, dos produtos recollidos durante as últimas semanas no marco desta iniciativa organizada polos propios traballadores da factoría.

 

Desde o Concello da Laracha agradecemos o esforzo e a solidariedade dos empregados de Celsa Atlantic para beneficiar ás familias que máis o necesitan nunhas datas tan significativas como o Nadal.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress