Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 21 de diciembre de 2016 | Leída 6 veces

O Concello amplía as redes de saneamento e abastecemento en catro núcleos rurais

Actualmente estase traballando en Vilasuso (Torás). As actuacións en Lamas (Golmar) xa están completadas. En próximas datas acometeranse os proxectos de As Brañas da Viña (Vilaño) e Lestón (núcleo situado na parroquia do mesmo nome)...

[Img #40580]O Concello da Laracha está a acometer e financiar integramente con fondos propios municipais varias actuacións de ampliación e mellora das redes de saneamento e abastecemento de auga co propósito dotar con estes servizos a máis núcleos de poboación rural.

 

Actualmente estase a traballar nas obras de instalacións das tubaxes soterradas no lugar de Vilasuso (parroquia de Torás). Recentemente xa se completaron unha actuacións de similares características en Lamas (Golmar). En próximas datas executaranse proxectos idénticos en Lestón (núcleo pertencente á parroquia do mesmo nome) e As Brañas da Viña (Vilaño).

 

Entre estas catro actuacións, e segundo os datos do padrón municipal de habitantes, ofrecerase a posibilidade de beneficiarse da cobertura destes servizos a uns 150 veciños residentes en zonas rurais.

 

As ampliacións das redes de saneamento e depuración de residuais, así como o aumento na cobertura do abastecemento de auga, son actuacións que no Concello da Laracha se desenvolven con certa frecuencia por ser considerados polo goberno municipal investimentos prioritarios. O obxectivo é mellorar a calidade de vida dos veciños residentes na zona rural, na que existen máis de trescentos núcleos de poboación en todo o termo municipal.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress