Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 21 de diciembre de 2016 | Leída 8 veces
baloncesto

Crónicas xornada CB Laracha

Senior Masculino. Senior Femenino...

Senior Masculino
C.B. LarachaM3 91 - 68 Baloncesto Cambre. Parciais (25 -20) (24-07) (14-17) (35-18).

Anotación: Jesús, Jaime(14), Abraham(4), Cebrón(4), Fabión(19, 1t), Marcos(11, 1t), Diego(6), Brais(19), Collazo(12, 1t), Carlos(2), André(36, 4t)

O C.B. Laracha m3 comeza a segunda volta da liga como rematou a primeira; gañando. Foi un partido duro onde o primeiro cuarto proxectaba un partido axustado. Os dous equipos anotaban pero o equipo local aínda non amosara os dentes ata o segundo cuarto, onde presionando en defensa e xogando con ritmo en ataque conseguiu facer un parcial de (24-7).


Na segunda parte os de culleredo non se deron por vencidos e fixeron un parcial favorable para eles acortando distancias no luminoso. 


Un partido duro no que só un colexiado, entre tanto correr e empurrar dos xogadores, puxo orde neste encontro. 
Así é todo, a afición do clube volcada co equipo,e coas 30 primaveras de Jesús (dorsal 5), alternaba cánticos de ánimo con "cumpeanos feliz". 


Así foi que o partido rematou gañandoo o líder da liga que agora pensa en enfrontar o seguinte partido contra o segundo, Fundación Culleredo.



Senior Femenino
ADB Fonitñas 27- 49 CB Laracha 27 Parciais: 4-5, 7-14, 10-20, 6-10.

Anotación CB Laracha: Lucía Díaz (12, 1 trip.), Rebeca Álvarez, Bibi Díaz (7), Paula Ríos (2), Raquel Vázquez (12), Zeltia Méndez (2), Lucía Graña (3), Estela Esmorís, Martina Loureiro (11), Fanny García.
 


Terceira victoria consecutiva das nosas senior o pasado sábado fronte a ADB Fontiñas. O partido comezaba con ambos equipos desacertados en tiro, pois pese a que se conseguía ter un xogo fluído, unha difícil canasta facía que se rematase o primeiro cuarto cun escaso favorable 4-5.


No segundo cuarto ambos equipos conseguían entrar no partido. Pola súa parte, unha boa intensidade defensiva de Fontiñas, facía que as santiaguesas se alonxasen nos primeiros minutos do encontro gracias a roubos e a contraataques certeiros (11-5). Sen embargo, nos últimos minutos do cuarto, as larachesas conseguían darlle á volta ao marcador para colocarse nun favorable 11-19.


Tras o paso polos vestiarios, as de Alberto Patiño continuaban na mesma liña que no cuarto anterior, tendo un dominio absoluto nos rebotes gracias a Paula Ríos e Bibi Díaz, o que facía que o CB Laracha realizase ataques rápidos que remataban en canasta. Remataba o terceiro cuarto cun 21-39.


Finalmente, no último cuarto, o partido quedaba sentenciado nun favorable 27- 49. O próximo partido será en xaneiro fronte a Culleredo.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress