Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 21 de diciembre de 2016 | Leída 99 veces

O concello de Arteixo clausurou o programa Deseñando o teu futuro coa entrega de diplomas acreditativos

Os 32 participantes eran alumnos de diversos centros educativos do concello que coñeceron o funcionamento de varias empresas co obxectivo de orientar a seus estudios a unha profesión determinada…

[Img #40575]

 

A concellaria de Servizos Sociais, que dirixe Inés Ramos, promoveu nas últimas semanas o proxecto Deseñando o teu futuro. Este proxecto persigue a implementación de proxectos con xovenes para realizar estadías en empresas e que así poidan tomar decisións sobre os estudios a seguir para conseguir unha determinada capacitación profesional. Onte pola noite procedeuse a entrega dos diplomas acreditativos os 32 participantes, nun acto realizado no centro tecnolóxico de Sabón onde tamén se visinou un vídeo no que participaron os mozos.

 

O concello invitou os centros educativos de ESO do concello para a participación no proxecto, e así houbo alumnos do IES Manuel Murguía, IES Pastoriza e co CPR Agarimo. Dende cada un destes centros realizaron unha proposta de derivación de menores que encaixarían no proxecto priorizando menores que precisaran dese achegamento á empresas para a toma de decisión ou ben para manter a motivación para a continuidade dos seus estudos. Así, cada un dos centros participantes enviou unha listaxe de menores susceptibles de participación.

 

Trala valoración e convocatoria inicial participan no programa

  • IES Manuel Murguía: 15
  • IES Pastoriza: 5
  • CPR Agarimo: 8

 

E ademais incopóranse 5 menores trala valoración dende o SEAF (Servizo de Educación e apolo Familiar)

  • IES Sabón: 1
  • IES Urbano Lugrís: 1
  • Sen escolarización: 2
  • Total: 32
  • 20 homes
  • 12 mulleres

 

Os mozos participantes realizaron visitas e estadías nas seguintes entidades e empresas co obxectivo de que os participantes coñeceran de primeira man a actividae empresarial en diversos sectores: Escala Infantil Vagalume, Oca Market Céltica, Escota Infantil Municipla de Arteixo-SERMASA, Construcciones Cancela, restaurante Seve, cervexaría Pepucho, restaurante La Florida, perruquería 2.0, Aquafit Gestion(Piscina Municipal de Arteixo), ALUMAN e Protección Civil de Arteixo.

 

Tanto Inés Ramos como o alcalde Carlos Calvelo sinalaron durante o transcurso do acto que “é moi importante que en certas idades un poida tomar a decisión de dirixir os seus pasos hacia un horizonte profesional concreto, e este programa persegue que os mozos teñan máis información sobre en qué consiste a actividade das diferentes empresas para así poder elixir”.

 

 

Valoración técnica do proxecto

  • Inicio deste proxecto con data anterior á iniciada.
  • Necesidade de aumento de horas das estadías.
  • Maior acompariamento no inicio de vida profesional ben sexa dende este tipo de proxectos ben sexa dende os TES ou nunha combinación de ambos.
  • Necesidade de apolo individualizado e continuado ás familias e ós/ás menores.
  • Necesidade de traslado de información das alternativas a menores que non titulan na ESO e ás silas familias.
  • Oferta alternativa de estadias en empresas que apolen a toma de decisións de opcións de futuro.

[Img #40576]

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress