Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 21 de diciembre de 2016 | Leída 8 veces
Deputación da Coruña

O andaluz Vicente Luis Mora gaña con “Cabeza de Vaca” o XXVIII Premio Torrente Ballester de narrativa da Deputación da Coruña

O escritor e crítico literario Vicente Luís Mora (Córdoba, 1970) é o gañador, coa obra Cabeza de Vaca, do XXVIII Premio Torrente Ballester de narrativa en español convocado pola Deputación da Coruña. A obra El ojo mesopotámico de Pablo Domaica foi designada como finalista. O autor da obra gañadora recibirá 25.000 € e o compromiso de edición da obra…

[Img #40572]

 

Un xurado composto por Luísa Castro, Remedios Zafra, Marcelo Luján, José Antonio Ponte Far e Blanca Riestra, gañadora da edición anterior, con Mercedes Fernández Albalat como secretaria e a vicepresidenta e responsable da área de Cultura, Goretti Sanmartín, como presidenta, decidiron en reunión celebrada esta mañá do martes, 20 de decembro, outorgar o XXVIII Premio de Narrativa Torrente Ballester ao escritor Vicente Luís Mora pola súa obra Cabeza de vaca. O gañador recibirá un premio de 25.000,00 € máis o compromiso de edición da obra.

 

O xurado destaca na obra o seu argumento distópico. “A novela narra a vida dun artista que se constrúe sobre as distintas versións que sobre el van achegando as xentes qu eo trataron. Integra personaxes reais e imaxinarios. É unha obra cunha gran carga teórica, caracterizada pola fragmentación e combinación de estilos, na que mestura voces literarias con voces ensaísticas”, apunta o xurado do premio.

 

A xustificación contempla tamén que a novela “cuestiona o sistema artístico cunha visión irónica e crítica. Entre os seus valores literarios destaca o uso de distintos rexistros lingüísticos e a variedade de estilos, que vai perfilando unha personaxe ambigua, polémica e manipuladora”.

 

O xurado declara como finalista a obra El ojo mesopotámico, de Pablo Domaica Goñi, e recomenda a súa publicación.

 

Escritor e crítico literario, Vicente Luís Mora, recibiu distintos premios literarios e colabora en revistas e suplementos culturais como Ínsula, Animal sospechoso, Clarín, El invisible anillo, Mercurio, Quimera ou Cuadernos del Sur del Diario Córdoba. O escritor mantén o blog de crítica literaria Diario de Lecturas (http://vicenteluismora.blogspot.com.es/)

 

En 2007 foi nomeado director do Instituto Cervantes de Albuquerque e en 2010 do de Marrakech. Entre outras obras é autor de títulos como Texto refundido de la ley del sueño, Mester de Cibervía,  Nova, Autobiografía (novela de terror), Construcción, Tempo ou Serie en poesía. En narrativa asinou obras como a novela Alba Cromm, Circular 07.Las afueras ou o libro de relatos Subterráneos. Ademais, a súa bibliografía pódense sumar ensaios como Pasadizos. Espacios simbólicos entre arte y literatura, La luz nueva. Singularidades en la narrativa española actual,  Singularidades: ética y poética de la literatura española actual,  Pangea: Internet, blogs y comunicación en un mundo nuevo ou El lectoespectador. 

 

A XXVIII edición do Premio Torrente Ballester na súa modalidade en español presentáronse un otal de 512 procedentes de 24 países. Ademais do Estado Español, chegaron envíos desde Alemaña, Hungría, Francia, Perú, Arxentina, Noruega, México, Ecuador, EE.UU, Finlandia, Venezuela, República Dominicana, Reino Unido, Israel, Italia, Costa Rica, Canadá, Chile, Bélxica, Suecia, Colombia, Bolivia e Cuba.

 

Por vez primeira, o premio se convoca en dúas modalidades,unha para obras escritas en galego e outra para obras escritas en español. Até a edición actual, o premio contemplaba a posibilidade de presentar obras nas dúas linguas e só en 7 ocasións das 27 gañaran obras en galego

 

O pasado martes día 13 decidiuse tamén a obra gañadora da primeira edición do Torrente Ballester só en galego da que resultou gañadora a obra Luns, de Eli Ríos.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress