Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Miércoles, 21 de diciembre de 2016 | Leída 27 veces
arteixo

Espectáculos en Arteixo

Música e diversión no Auditorio de Arteixo! Non esquezas que este venres 23 de decembro teremos Os Rockestein ás 19:30 h, o novo musical para público familiar de #Malasombrateatro...

[Img #40571]

 

Protagonizada por Xoque Carbajal, Sandra Iglesias, Celia González e Jouse García relátanos a historia do doutor Rockestein. Un gran científico pero tamén un melómeno consciente de que a boa música está desaparecendo. Para remedialo decide crear no seu laboratorio unha criatura e convertila nunha verdadeira estrela musical que salve ao mundo da desaparición do Rock´n Roll. O experimento resulta ser un éxito maior do que agardaba pois da súa máquina non sae unha criatura futura estrela do rock, saen tres! Aquí comeza a ardua tarefa do doutor Rockestein: educar ás futuras estrelas do rock a través de nove cancións que compoñen este musical. Con entrada única de 4 € que se poderá reservar previamente (info@malasombra.gal 647 242 764) ou mercar 1 h antes da función.


Gargalladas e cine para toda a familia! O venres 30 ás 19:00 h o pallaso Popín levará ao Auditorio de Meicende o seu novo espectáculo familiar que fusiona maxia e humor Popín Palomero. A entrada é con invitación. E  ás 19:30 h no Auditorio de Arteixo estrearase Holy Night! (Noche de Paz!) , nominada aos Goya 2016 como mellor película de animación, de Manolo Gómez, da que é produtor e guionista. Con Anabel Alonso dobrando a "Ovejita Rita", esta película sitúanos en Noiteboa. A piques de festexar o Nadal, salta a alarma. O trineo de Papá Noel desapareceu e o Neno Jesús foi secuestrado! O Nadal está en perigo e a verdadeira culpable anda solta. A entrada é con invitación.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress