Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 20 de diciembre de 2016 | Leída 10 veces

A Xunta ingresa un importe de 3,5 millóns de euros como adianto do pago das cotas de urbanización do parque Ofimático

O pago realízase unha vez que o Concello da Coruña aprobou o pasado venres a licitación das obras necesarias para a concesión de licenzas de ocupación para as vivendas rematadas e en construción. A Xunta adianta o pago das cotas de urbanización que o Concello aínda non xirou aos propietarios do solo...

A Xunta, a través da empresa pública Xestur, procedeu hoxe ao ingreso dun importe de 3,5 millóns de euros correspondentes a cotas de urbanización do parque Ofimático, no que o Goberno Galego é titular do 50 por cento do solo.

 

A Xunta realiza o primeiro pago das cotas que lle corresponden no Ofimático e que aínda non foron xiradas polo Concello aos propietarios do solo, cumprindo así o protocolo asinado no pasado mes de agosto, onde se establecía a achega en dous prazos. Antes de que remate o ano, o Executivo autonómico aboará ao municipio os restantes 700.000 euros polo mesmo concepto.

 

Neste acordo indicábase que Xestur adiantaría o pago das súas cotas para facilitar a execución das obras de urbanización necesarias para a concesión das licenzas de primeira ocupación das vivendas xa rematadas e as de edificación doutras que agardan pola mesma. Os restantes propietarios de solo no Ofimático (promotores inmobiliarios e particulares) non deberán pagar as súas cotas ata que as xire o Concello da Coruña.

 

A Xunta procedeu ao pago das cotas unha vez que o Concello aprobou o pasado xoves a licitación das obras coas que se dará respostas ás demandas das cooperativas de vivendas protexidas que teñen inmobles rematados, en estado avanzado de construción ou agardando a licenza para iniciar as obras. O Goberno galego agarda que o Concello realice a licitación e execución das obras acordadas no menor prazo de tempo posible.

 

O obxectivo fundamental da Xunta é garantir a concesión das licenzas de primeira ocupación para as vivendas que xa están rematadas e que non poden ocupar os seus adxudicatarios por falta de autorización, así como garantir a mesma licenza para as vivendas que se atopan en avanzado estado de construción e para as novas promocións que as cooperativas queren poñer en marcha.

 

Unha das cooperativas do Ofimático, A Carnocha, ten 24 vivendas rematadas que non poden entregar aos adxudicatarios pola falta da licenza municipal de primeira ocupación. Pola súa parte, a cooperativa Cofuncovi ten 80 vivendas protexidas en avanzado estado de construción, e que so poderá entregar despois de obter o permiso de primeira ocupación, e prevé iniciar proximamente a construción doutras 80 vivendas protexidas. Finalmente a cooperativa Eirís Ofimático prevé iniciar a construción doutras 80 vivendas protexidas en canto dispoña de licenza municipal de

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress