Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 20 de diciembre de 2016 | Leída 24 veces

A consellería de educación creará o comedor do CEIP Alfredo Brañas no baixo do edificio principal do centro

O xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana, reuniuse onte co alcalde, José Manuel López Varela, e a directora do colexio. O Concello asumirá os custes da eliminación dos tabiques do local que será posteriormente rehabilitado. A estimación inicial é que o orzamento supere os 30.000 euros, estando previsto iniciar as obras a principios de 2017...

[Img #40564]

 

O xefe territorial de Educación na provincia da Coruña, Indalecio Cabana, acompañado por técnicos da Consellería, realizou onte pola mañá unha visita ao CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco, onde mantivo un encontro con José Manuel López Varela, alcalde do Concello da Laracha, Jesús Souto, edil responsable da área de obras públicas, e tamén coa directora do colexio.

 

O motivo principal da xuntanza foi tratar a creación do comedor escolar e analizar as cuestións previas que é preciso resolver antes de comezar a executarse o proxecto. En primeiro lugar, consensuouse que a nova instalación coa que contará este centro de ensino será habilitada na planta baixa do edificio principal, no local que actualmente se está a empregar como almacén. Trátase da opción máis cómoda polo seu emprazamento e por dispoñer dun acceso independente, cuestión de especial relevancia xa que o comedor será empregado fóra do horario lectivo. Ademais, ao contar este local coas instalacións eléctricas e de fontanería, poderanse axilizar as obras previstas.

 

Do mesmo xeito, acordouse que o Concello da Laracha asumirá os custes da eliminación dos tabiques e paredes interiores para deixar o local diáfano. A dirección do centro confirmou que durante as vacacións de Nadal retirará todo o material almacenado neste lugar para que as actuacións poidan iniciarse o antes posible.

 

A estimación inicial do investimento a realizar por parte da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para adaptar o local como comedor escolar e dotalo co equipamento necesario sitúase en torno aos 30.000 euros. A previsión é comezar as obras a principios do ano 2017.

 

A colaboración institucional entre o Concello da Laracha e a Xunta de Galicia, ademais da necesaria cooperación por parte da dirección do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco, posibilitará dotar ao colexio con este novo servizo. Nos próximos meses o comedor escolar estará a disposición da comunidade educativa, cos beneficios que iso implicará especialmente para os alumnos e as súas familias. Na fase inicial cóntase con que sexan usuarios con carácter permanente 25 nenos e outros 25 de xeito descontinuo.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress