Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 20 de diciembre de 2016 | Leída 16 veces
Deputación da Coruña

512 novelas de 24 países compiten polo XXVIII Premio de Narrativa Torrente Ballester en español

Un total de 512 procedentes de 24 países foron as novelas presentadas ao XXVIII Premio de Narrativa Torrente Ballester na súa modalidade de español. Mañá martes, día 20 de decembro, o xurado decidirá cal das obras é a gañadora do premio da Deputación da Coruña…

Un xurado composto por Luísa Castro, Remedios Zafra, Marcelo Luján, José Antonio Ponte Far e Blanca Riestra, gañadora da edición anterior, decidirán, o nome da obra gañadora da presente edición do Premio de Narrativa Torrente Ballester da Deputación da Coruña, un dos galardóns máis prestixiosos de cantos se convocan en Galicia cada ano.

 

Á convocatoria concorren 512 obras orixinais procedentes de 24 países, entre eles, ademáis de España, figuran Alemania, Hungría, Francia, Perú, Arxentina, Noruega, México, Ecuador, EE.UU, Finlandia, Venezuela, República Dominicana, Reino Unido, Israel, Italia, Costa Rica, Canadá, Chile, Bélxica, Suecia, Colombia, Bolivia e Cuba. A obra gañadora recibirá un premio de 25.000 € máis o compromiso de edición da obra.

 

Por vez primeira, o premio se convoca en dúas modalidades, unha para obras escritas en galego e outra para obras escritas en español. Até a edición actual, o premio contemplaba a posibilidade de presentar obras nas dúas linguas e só en 7 ocasións das 27 gañaran obras en galego.

 

O pasado martes día 13 decidiuse tamén a obra gañadora da primeira edición do Torrente Ballester só en galego da que resultou gañadora a obra Luns de Eli Ríos.

 

Das 512 obras presentadas, once son as seleccionadas para pasar á última reunión do xurado que decidirá finalmente a gañadora. As  obras seleccionadas son:

 

Título Lema
El final del cielo y de la tierra          Hexagrama 46
La prudente amistad                   Sandra Marai
Reino de amor                     Michelozzo
La muerte del tabernero anarquista Reloj
Hiladura Andrómeda
La revolución de las mazorcas Condesa de Montecristo
Cabeza de vaca Ursus
Urlaín Fanfán Latulipe
El ojo mesopotámico Lucifer sam
Variados en el silencio Rosa Blas Traisac
Carbón Dora Mirantes

 

Presentación das gañadoras da anterior edición

Por outra parte, o mércores día 21 presentaranse na Biblioteca Provincial as obras gañadoras da anterior edición dos premios Raiña Lupa e Torrente Ballester da Deputación da Coruña. No acto, que terá lugar ás 19 horas, intervirán a vicepresidenta e responsábel da Área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, a escritora Blanca Riestra, gañadora da anterior edición do Torrente Ballester coa novela Greta en su laberinto (Alianza), o escritor Héctor Cajaraville, gañador do Raiña Luña con A caixiña dos rancores (Edicións Xerais) e Manuel Bragado, director de Edicións Xerais.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress