Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 17 de diciembre de 2016 | Leída 13 veces

O Concello outorga quince premios nos concursos de postais e conto de Nadal

O xurado reuniuse onte na biblioteca municipal da Laracha para valorar os máis de trescentos traballos presentados. Os premios (xogos e material educativo) entregaranse nun acto público que se celebrará o próximo venres a partir das 12:00 horas na Casa da Cultura...

[Img #40512]Os membros do xurado dos concursos de Nadal de postais e de conto convocados polo Concello da Laracha reuníronse onte pola mañá na biblioteca municipal da Laracha, onde valoraron os máis de trescentos traballos presentados entre ambos certames polos alumnos de todos os centros de educación infantil e primaria que existen no municipio. Dito xurado estivo formado por Patricia Bello -concelleira de área de ensino, cultura e deportes- a directora do Centro de Información ás Mulleres (CIM) da Laracha, a responsable da biblioteca e representantes dos colexios da Laracha, Paiosaco e Caión.

 

Ao concurso de postais presentáronse traballos individuais e tamén colectivos, realizados neses casos conxuntamente polos alumnos das aulas de educación infantil. Houbo tres categorías de premios, diferenciadas por grupos de idade.

 

O concurso de conto mostrou a imaxinación e facilidade para a escritura dos participantes, sendo sempre a título individual, tal e como establecían as bases do certame, contando neste caso con alumnos do terceiro ciclo de educación primaria como únicos participantes.

 

Os quince premios outorgados polo xurado serán entregados aos gañadores nun acto que se desenvolverá o venres da próxima semana (23 de decembro) a partir das 12:00 horas na Casa da Cultura da Laracha. Consistirán en xogos e en material educativo acorde ás idades de cada un dos premiados.

 

Premiados no Concurso de Postais

Categoría A (educación infantil)

  • Aula de 4º do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco.
  • Aula de 5º A do CEIP Otero Pedrayo da Laracha.
  • Aula de 5º B e C do CEIP Otero Pedrayo da Laracha.
  • Aula de infantil do CEIP de Caión.
  • Escola unitaria EEI de Cumiáns (Montemaior).
  • Aula de 6º do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco.

 

Categoría B (primeiro ciclo de educación primaria)

  • Sara Valiña Souto (1ºB do CEIP Otero Pedrayo da Laracha).
  • Unai López Pensado (1ºA do CEIP Otero Pedrayo da Laracha).
  • Jesús Fernández Cabeza (1ºB do CEIP Otero Pedrayo da Laracha).

 

Categoría C (segundo ciclo de educación primaria)

  • Sara Makboul (4º do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco).
  • Aisel Regueira Cotelo (4º do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco).
  • Berta Iglesias Fuentes (3º do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco).

 

Premiados no Concurso de Conto (dirixido a estudantes do 3º ciclo de primaria)

  • Antonio Mato Martínez (6º de primaria do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco) por Papá Noel por error.
  • Pedro Fariña López (6º de primaria do CEIP de Caión) por A gran traxedia do Nadal.
  • Daniel Figueroa Fraga (6º de primaria do CEIP Alfredo Brañas) por Carlos y la Navidad al revés.
¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress