Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 17 de diciembre de 2016 | Leída 12 veces

O Concello acomete unha reparación de urxencia na estrada do núcleo de a Curuxeira

Sufriu recentemente un desprendemento de terra e, para garantir a seguridade, é precisa a construción dunha escollera de contención. O tráfico por esta vía foi cortado, o que supuxo a modificación temporal do percorrido nunha ruta de transporte escolar. O investimento con fondos propios municipais nestas obras supera os 20.000 euros...

[Img #40511]

 

O Concello da Laracha está acometendo unha actuación de urxencia na estrada do núcleo de A Curuxeira, na parroquia de Soandres. Nesta calzada producírase recentemente un desprendemento de terra que, por cuestións de seguridade, obrigou a cortar o tráfico. Esta situación supuxo a modificación temporal do percorrido da ruta de transporte escolar que pasa por esta vía. Ademais, para o acceso ao próximo núcleo de poboación de Condes, a alternativa establecida é pola estrada de Borreiros.

 

As obras que se están a realizar consisten na construción dunha escollera de contención, necesaria para garantir a seguridade viaria nesta calzada que, ao situarse nas inmediacións do río Anllóns, presenta un desnivel con respecto as fincas lindeiras. O proxecto completarase coa reparación do pavimento na superficie de rodadura afectada.

 

O Concello da Laracha inviste con fondos propios municipais máis de 20.000 euros nestes traballos, que se agarda estean completados na próxima semana. A previsión é poder reabrir ao tráfico a estrada durante as festas do Nadal e recuperar a plena normalidade para o inicio das clases nos centros educativos tralas vacacións.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress