Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 16 de diciembre de 2016 | Leída 13 veces

Galicia poderá pescar unha estimación de 30.900 toneladas máis en 2017, o que suporía uns ingresos extra de 76 millóns de euros

Feijóo explica que Galicia acadou total ou parcialmente 14 dos 17 obxectivos de importancia sinalados para a negociación. “En liñas xerais, os resultados son positivos, sobre todo tendo en conta a situación de partida coa que nos sentabamos a negociar a Comisión Europea”, di. Pon en valor o imprescindible traballo de documentación e análise científica e socioeconómica previo á negociación. “Todas as frotas ven mellorar a súa cota de forma global”, conclúe...

[Img #40509]

 

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, trasladou onte os resultados da negociación do reparto das cotas pesqueiras e dos totais admisibles de capturas (TAC), na que Galicia foi representada en Bruxelas pola conselleira do Mar, Rosa Quintana. Tras o acordo alcanzado polos Estados membros da Unión Europea, Galicia poderá pescar, segundo cálculos estimados, 30.900 toneladas máis en 2017, o que suporía —aplicando o prezo medio do peixe e do marisco fresco durante este ano— un incremento de valor aproximado de 76 millóns de euros.

 

Feijóo explicou que Galicia acadou total ou parcialmente 14 dos 17 obxectivos de importancia sinalados para a negociación. “Loxicamente, como en calquera negociación, non conseguimos o 100% dos resultados”, aclarou o presidente, que engadiu que se logrou o 83%.

 

A cantidade global de posibilidades de pesca para España ascendeu en 44.144 toneladas con respecto a 2016, o que se traduce nun incremento en porcentaxe do 20%. De entre estas, arredor do 70% corresponden a Galicia. “O Goberno galego amosa satisfacción contida”, valorou o presidente na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. “En liñas xerais, os resultados son positivos, sobre todo tendo en conta a situación de partida coa que nos sentabamos a negociar coa Comisión Europea”, engadiu.

 

Deste xeito, conseguiuse que a pescada sufrise un axuste mínimo do 1,4%, fronte á redución do 36% que propuña inicialmente a Comisión. Galicia tamén logrou frear a caída do xurelo, que ía ser do 45%, ata o 23%, co compromiso de volver sobre esta cota nunha posible revisión do TAC a mediados deste ano, en función da evolución do stock desta especie.

 

Un “traballo extraordinario” que se ve refrendado

Feijóo recordou que, como paso previo á negociación, foi “imprescindible” o traballo de documentación e análise científica e socioeconómica que a Xunta trasladou ao Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente, ademais do traballo de investigación sobre as capacidades extractivas dos caladoiros. “A Comisión refrendou o traballo extraordinario da frota pesqueira, que estivo acatando as normas da UE de períodos anteriores, que conta moitísimo nas negociacións”, dixo.

 

Cotas por caladoiros

Repartindo por caladoiros, no Cantábrico Noroeste acadouse a práctica continuidade na pescada e na anchoa, ademais dun aumento do 14% da cota da xarda, do 72% na cota do lirio, do 54% no rape, do 10% da raia. Na zona de Fisterra cara ao sur, logrouse un incremento do 7% na cota de xurelo, do 17% da anchoa e da cigala.

 

No Gran Sol e en Francia, destaca sobre todo o histórico aumento do 10% acadado na cota da pescada, tamén o aumento da raia (5%), da maruca (33%) e da cigala en xeral (sobre un 8%). Acadouse tamén a continuidade na cota do rape e un incremento do 67% nas cotas do caladoiro de Porcupine. “Todas as frotas ven mellorar a súa cota de forma global”, concluíu.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress