Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Jueves, 15 de diciembre de 2016 | Leída 7 veces

Conde destaca que as axudas de emprego para 2017 terán maior intensidade para as mulleres

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, afirmou onte no Parlamento que o Goberno galego traballa para promover o emprego feminino e a igualdade de xénero con medidas que se reforzarán o próximo exercicio. Indicou que as axudas de emprego tamén incluirán como criterios de valoración unha maior ratio de equilibrio nos seus cadros de persoal. Conde apuntou que desde 2009, o 55% das axudas para incentivar a contratación foron para empregar a mulleres. Sinalou que a Xunta a través da Inspección de Traballo vixía a discriminación por razón de xénero nas empresas e que en 2017 presentarase un novo Plan de emprego feminino...

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe no Parlamento que Galicia está a avanzar cara a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres a través de diversas medidas que está a promover a Xunta e que se reforzarán o próximo exercicio.

 

Deste xeito, Conde explicou que cara a 2017, a Xunta reforzará a discriminación positiva nas políticas activas de emprego e, así, as próximas convocatorias de axudas terán maior intensidade para as mulleres, entre outros colectivos, e incluirán como criterios de valoración unha maior ratio de equilibrio entre homes e mulleres nos seus cadros de persoal. Indicou que desde 2009, o 55% das axudas para incentivar a contratación foron para empregar a mulleres.

 

O titular de Economía indicou tamén que a Xunta seguirá traballando “cóbado con cóbado” coa Inspección de Traballo lembrando que para este ano planificáronse preto de 230 actuacións dirixidas á persecución da discriminación por razón de xénero, ademais de atender todas as demandas que chegaron.

 

Conde sinalou tamén que este ano presentarase un novo Plan de emprego feminino no que se está a traballar para apoiar ás mulleres “na consecución do espazo que lles corresponde dentro do mercado laboral”, subliñou. Neste senso, expuxo que é unha folla de ruta prioritaria para favorecer a inserción por conta allea das mulleres e facilitar a iniciativa autónoma e emprendedora; para equilibrar a súa participación en todos os sectores e todas as categorías profesionais coa dos homes; para fomentar o desenvolvemento da súa carreira profesional; e para procurar os medios posibles para eliminar a fenda salarial.

 

Con respecto ao desemprego entre as mulleres, o conselleiro apuntou que o paro leva diminuíndo neste colectivo 37 meses. De feito, Galicia rexistrou no mes de novembro o maior descenso dos últimos 10 anos e acadou unha cifra inferior á que había en novembro de 2009. O descenso no paro feminino foi do 8,10% con respecto a hai un ano.

 

Lembrou, ademais, que para avanzar cara unha igualdade efectiva entre homes e mulleres, a Xunta instou ao Consello Galego de Relacións Laborais para que patronal e sindicatos establezan as liñas básicas para un Acordo Marco Interprofesional de ámbito autonómico sobre a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, nas que se están a traballar. “É para nós un acordo indispensable e imos promovelo”, subliñou.

 

“O noso obxectivo é mellorar a economía galega e con ela a creación de emprego e, por suposto, o mercado laboral das nosas mulleres”, afirmou Conde, quen asegurou que “Galicia está avanzando cara á igualdade grazas a unha planificación axeitada” lembrando, ademais, que é “un labor de todos, de empresas, sindicatos e administracións” traballar para acadar unha igualdade real entre homes e mulleres. “O que queremos é, a través do diálogo, identificar as mellores oportunidades para os galegos e galegas”, asegurou.

 

Por último, Conde asegurou que os orzamentos para o Emprego crecen en 2017 nun 16,4% chegando aos 227,9 millóns de euros “cunha clara aposta polo fomento do emprego de calidade e un emprego en igualdade como elemento clave da competitividade de Galicia”, rematou.

 

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress