Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 13 de diciembre de 2016 | Leída 21 veces
Deputación da Coruña

Dezaoito novelas optan como finalistas ao Premio Torrente Ballester en galego

O xurado decidirá hoxe martes día 13 de decembro que obra será a gañadora do Premio de Narrativa Torrente Ballester que se convoca por vez primeira en modalidade de lingua galega. Dezaoito son as obras finalistas das 101 presentadas a esta convocatoria, máis do dobre da edición con máis obras en galego presentadas...

Dezaoito obras son as finalistas entre as que o xurado do Premio Torrente Ballester decidirá o título da gañadora do certame mellor dotado economicamente da literatura galega. A persoa que asine a novela gañadora recibirá 25.000 €  ademais da publicación da obra, contemplada tamén nas bases da convocatoria. O xurado está composto por Ledicia Costas, Mario Regueira, Ramón Nicolás, Mercedes Queixas e Eva Moreda.

 

O xurado chega á xuntanza final con 18 novelas sobre a mesa, as finalistas das 101 presentadas, máis do dobre da edición con máis presenza de obras en galego das anteriores en que podían concorrer nas dúas linguas que foi en 2009 con 47 títulos presentados. Nesta edición, por vez primeira, a Área de Cultura da Deputación da Coruña convocou dúas edicións separadas, unha para obras en lingua galega e outra en castelán, da que se coñecerá a obra gañadora o vindeiro martes día 20 de decembro.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress