Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 6 de diciembre de 2016 | Leída 41 veces
arteixo

A concellaría de Cultura aposta pola música, o cine e o humor para o Nadal

As actividades programadas para o Nadal dende a Concellaría de Cultura e Festas teñen tres claros protagonistas: a música, o cine e o humor...

[Img #40405]

 

Michael´s Legacy será, sen dúbida, a gran sorpresa da programación. Un musical tributo a Michael Jackson que terá lugar o sábado 17 de decembro no Auditorio de Arteixo en dobre función. A primeira ás 19:00 e a segunda ás 21:30. As entradas terán un custo de 12 € se é anticipada e 15 € o día da función. Este espectáculo está avalado polo club de fans de España e de moitos outros países, como o indiscutiblemente mellor tributo ao gran rei do pop na actualidade.

 

Este musical é apto para todos os públicos e está dotado dunha espectacular escenografía e magníficas proxeccións, ademais ofrece unhas réplicas exactas dos temas orixinais do xenio do pop. O seu soberbio ballet, con 9 compoñentes, e unha perfecta sincronización, acompañados dunhas magníficas voces en rigoroso directo, logran transmitir toda a esencia do desaparecido e sempre lembra do pop.

 

Á fronte de Michael's Legacy está un dos indiscutiblemente mellores "impersonator" do mundo, Ximo MJ. Este singular artista, dotado dun gran parecido físico co rei do pop, é capaz de transmitir ao público con absoluta perfección todos os xestos e movementos que eran o contrasinal das actuacións en directo de Michael Jackson. O espectador poderá disfrutar durante case 2 h de grandes temas como: Bad, Smooth criminal ou Thriller. 

 

O xoves 22 de decembro ás 19:30 h a Asociación de Pensionistas e Xubilados de Arteixo celebrarán o tradicional Festival de Panxoliñas, que por décimo quinto ano consecutivo, terá lugar no Auditorio do CCC de Arteixo.

 

Continuamos con máis música o venres 23 de decembro conOs Rockestein ás 19:30 h de Malasombra Produccións. Un musical para público familiar con entrada única de 4 € que se poderá reservar por mail (info@malasombra.gal) e mercar 1 h antes da función.

 

[Img #40406]

Dirixida por Marcos Orsi e protagonizada por Xoque Carbajal, Sandra Iglesias, Celia González e Jouse García relátanos a historia do doutor Rockestein. Un gran científico e inventor pero tamén un melómeno consciente de que a boa música está desaparecendo do planeta. Para remedialo decide crear no seu laboratorio unha criatura e convertila nunha verdadeira estrela musical que salve ao mundo da desaparición do Rock´n Roll. O experimento resulta ser un éxito maior do que agardaba pois da súa máquina non sae unha criatura futura estrela do rock, saen tres! Aquí comeza a ardua tarefa do doutor Rockestein: educar ás futuras estrelas do rock a través de nove cancións que compoñen este musical.

 

Tamén o 23 de decembro ás 20:00 h contaremos con panxoliñas no Auditorio de Meicende. O Orfeón Alcoa, en colaboración co grupo de canto de actividades sociais (A Baiuca) do Concello de Arteixo, organizará o I Festival de Cantos de Nadal.

 

O venres 30 teremos de novo dobre función. Ás 19:00 h o pallaso Popín levará ao Auditorio de Meicende o seu novo espectáculo familiar que fusiona maxia e humor Popín Palomero. A entrada é con invitación.

 

O pallaso Popín é un personaxe creado polo actor Adolfo Mugana. Leva máis de 30 anos dedicado ao mundo da animación e actuación, destacando polo seu descaro, desvergoña, ocorrencias e permanente improvisación.

 

[Img #40407]Ás 19:30 h no Auditorio de Arteixo estrearase Holy Night! (Noche de Paz!) , nominada aos Goya 2016 como mellor película de animación, de Manolo Gómez, da que é produtor e guionista. Manolo Gómez é director de coñecidos filmes de animación rodados íntegramente en Galicia como: “El Bosque Animado” da que é produtor e director (2 Goyas), “Sueño de una Noche de San Juan”, da que é produtor e director (1 Goya) e “Espíritu del Bosque”, da que é productor (nominada ao Goya).

 

Con Anabel Alonso dobrando a “Ovejita Rita”, esta película sitúanos en Noiteboa. No salón dunha casa, conviven dous mundos de xoguete. Nun lado a árbore de Nadal, fogar de Santa Claus e os seus elfos (mundo moderno con figuras de plástico).No outro, O Belén cos Reis Magos e demais figuriñas do Portal (mundo tradicional con figuras de madeira).

 

As dúas tradicións prepáranse para celebrar o Nadal cando, de súpeto, salta a alarma. O trineo de Papá Noel desapareceu e o Neno Jesús foi secuestrado. Os servizos de seguridade de ambos mundos enfróntase. O Nadal está en perigo e ambas as tradicións cúlpanse entre si, pero a verdadeira culpable anda solta. A entrada é con invitación.

 

Para rematar as Súas Maxestades os Reis Magos comezarán as visitas polas distintas parroquias e lugares de Arteixo o sábado 2 de xaneiro e rematarán o martes 5 coa Gran Cabalgata de Arteixo, que coa súa extensa comitiva, percorrerán as principais rúas de Arteixo ás 18:00 h e finalizará coa realización da recepción real no Pazo dos Deportes. Os lugares que se visitarán son os que seguen a continuación:

 

[Img #40404]

2 De xaneiro

Ruta A

  • Barrañán
  • Chamín
  • Monteagudo
  • A Cachada
  • Larín

 

Ruta B

  • Suevos
  • Rañobre
  • O Rañal
  • Alto de Arteixo

 

3 De Xaneiro

  • Uxes
  • Loureda
  • Lañas
  • Armentón

 

4 De Xaneiro

  • Villarrodís
  • Urbanización Sol y Mar
  • Pastoriza
  • Meicende

 

5 De Xaneiro

  • Gran Cabalgata de Arteixo con recepción Real no Pazo dos Deportes
¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress