Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Sábado, 3 de diciembre de 2016 | Leída 23 veces
deputación da coruña

Goretti Sanmartín presenta as novidades dunha Rede Cultural “fortalecida e máis profesional” no Culturgal

No marco das Xornadas profesionais organizadas por Escena Galega no Culturgal, a Vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación, Goretti Sanmartín presentou as novidades dunha Rede Cultural que amplía orzamento, diversifica as categorías profesionais e amadoras e profesionaliza a xestión e a programación das actividades. “Escena ao Vivo”, “Visións” e “Alicerces” serán os tres novos eixos da Rede...

[Img #40360]

 

A Vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, aproveitou as xornadas profesionais de Escena Galega que tiveron lugar este venres, día 2 de decembro no espazo Foro da Feira de Industrias Culturais, Culturgal, nunha mesa redonda na que tamén participaron Xosé Leal, pola Deputación de Pontevedra, Pilar García pola Deputación de Lugo e Aurelio Gómez pola Deputación de Ourense.

 

En primeiro lugar, Goretti Sanmartín destacou o alcance da Rede Cultural, tanto para garantir programación escénica nos concellos, en especial os pequenos e medianos, como para crear público e para o propio desenvolvemento do sector e creación de emprego.

 

“Ás veces a Deputación da Coruña suple liñas de actuación que debería realizar a Consellaría de Cultura mais é imprescindíbel para evitar que o sector da cultura teña unha situación aínda máis delicada”, dixo Goretti Sanmartín na súa intervención que comezou lembrando ao que fora deputado de Cultura da Coruña, Celestino Poza, falecido o venres.

 

Cun orzamento de 1.400.000 euros, que rexistrou un incremento do 30% no primeiro ano do novo goberno, a Rede Cultural da Deputación da Coruña supón, para Goretti Sanmartín, “un instrumento de especial relevancia que reforza a capacidade dos concellos de programaren espectáculos de calidade e dá osíxeno á produción cultural e a súa industria”. A través da Rede Cultural subvencionáronse na última edición  1425 espectáculos, dos que 473 foron para entidades e 952 para concellos, 701 deles con carácter profesional e 251 non profesionais. 

 

Novidades na Rede

De cara o futuro, Goretti Sanmartín anunciou a diferenciación de cada un dos programas que conforman a Rede en tres eixos básicos. En primeiro lugar,  “Escena ao Vivo” inclúe os programas de teatro e monicreques, o de intérpretes profesionais de música e o de compañías profesionais de danza para os concellos; “Visións” nace como un programa de cinema e contidos audiovisuais dirixidos a concellos e “Alicerce” será a categoría para propostas non profesionais que inclúe programa de música, danza e teatro tanto para concellos como para entidades.

 

Ademais, a responsábel da área de Cultura da Deputación anunciou unha maior simplificación da tramitación administrativa, o reforzo do seguimento e control para o correcto desenvolvemento da programación e outras novidades para a mellora da Rede entre as que se encontran a concreción das obrigas dos concellos que deberán organizar e difundir adecuadamente as actuacións.  Fixo tamén especial fincapé na aposta por unha rede como espazo de contratación cada vez máis áxil, profesional e rigoroso.

 

Trátase, en definitiva,  segundo concluíu Goretti Sanmartín, de “ camiñar para conseguir unha Rede cultural cun funcionamento mais áxil e ordenado e onde se respecten as obrigas legais e laborais tanto por parte de concellos como de entidades”.  A responsábel de Cultura da Deputación da Coruña defendeu o “diálogo cos sectores implicados” como ferramenta para a mellora e o funcionamento da rede, o que, segundo dixo, xa se está a facer desde a área de Cultura da Deputación da Coruña. Pola propia condición da institución promotora da Rede, considerou finalmente, de especial relevancia a “axuda a que os concellos pequenos e medianos teñan unha programación de calidade”.

 

A Deputación en Culturgal

A área de Cultura da Deputación ten aberto durante tdo o Culturgal un posto que informará das distintas liñas de actuación nos diversos sectores culturais ademais de acoller unha programación propia na que destaca a presentación de distintas iniciativas dos concellos.

 

A Deputación da Coruña inclúe no Culturgal unha proposta de actividades que arranca o venres á tarde cunha actividade poética a cargo de Yolanda Castaño para continuar no fin de semana con iniciativas como un relatorio de Fran Rei ou un obradoiro de instrumentos con Pablo Carpintero, gañador da última edición do Premio de Artesanía da Deputación.

 

Como na anterior edición, a Deputación puxo o seu posto en Culturgal ao dispor dos concellos da provincia que quixeran participar coa presentación os seus produtos culturais e, neste sentido, daranse cita na feira o Festival Irmandiño de Moeche ou o Asalto ao Castelo de Vimianzo, entre outros.

 

O calendario de actividades no posto da Deputación no Culturgal é o seguinte

Venres  2

 

  • 20:00 – Lectura dramatizada por parte da poeta Yolanda Castaño.  (acompañada por unha intérprete en linguaxe de signos).

 

Sábado 3

 

  • 12:00 -  Ilustracións ao vivo. Relatorio sobre o cómic e o videoxogo en Galicia.
  • 13:00 - Presentación do Festival Irmandiño de Moeche.
  • 17:00 - Presentación do Asalto ao Castelo de Vimianzo.
  • 18:00 - Presentación do Festival Titiriberia (Olladas aos Cristovos).

 

Domingo 4

  • 12:30 – Relatorio de Fran Rey. Presentación do DAC Outono Cultural.
  • 18:00 – Obradoiro de recuperación de instrumentos con Pablo Carpintero, gañador do premio de Artesanía na súa n ova edición. Mostra de instrumentos.
¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress