Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 2 de diciembre de 2016 | Leída 33 veces
Deputación da Coruña

O artista David Calle gaña o XI Premio Jesús Núñez de Arte Gráfica coa súa obra “150 horas”

A obra “150 horas” de David Calle Cañadell impúxose sobre as 120 presentadas no XI Premio Jesús Núñez de Arte Gráfica que se decidiu nunha xuntanza celebrada na onte xoves día 1 en Betanzos…

[Img #40345]

 

Un xurado composto por Ana Soler, Maite Martínez de Arenaza, Doroteo Arnaiz, Jesús Núñez e Pedro Galilea coa Vicepresidenta e responsábel da área de Cultura, Goretti Sanmartín Rei como presidenta e a xefa de servizo Mercedes Fernández Albalat como secretaria decidiu outorgar o XI Premio Jesús Núñez de Arte Gráfica á obra “150 horas” de David Calle Cañadell, de Barcelona.

 

Para o xurado a obra “150 horas” cobra poder dende o silencio e a minuciosidade. O enigma sérvese dun grafismo que fala do paso do tempo e o proceso para comunicar o seu proxecto.

 

Entre as 120 obras que concorreron ao concurso, o xurado elixiu tamén tres accésits para as obras “Asentimiento irregulares” de Rubén Morales, “Diáfora” de Carmen Jiménez e  “Drypoint on Zerkall Bütten” de Michael Paul .

 

O gañador, David Calle, naceu en Lleida en 1993 e reside en Terrassa, Barcelona. Estudou Belas Artes na Universidade de Barcelona, especializándose en gravado. Realizou exposicións individuais en Almería, Lleida e Berlín, entre outras localidades, e participou en colectivas en Lleida, Berlín, Barcelona e Almería. Neste mesmo ano, tivo unha bolsa de Residencia no Taller de Gravado da Escola de Arte e Deseño de Terrasa e outra de colaboración entre a Facultade de Belas Artes de Barcelona e a Escola de Arte e Deseño de Terrasa. Boumannlab, Laboratorio de creación, de Terrasa outorgoulle unha bolsa para o apoio á produción a artistas e proxectos de artes visuais ou pensamento contemporáneo.

 

O xurado estivo composto pola artista e profesora da Universidade de Vigo, Ana Soler, pola artista Maite Martínez de Arenaza, polo director adxunto da Fundación Jesús Núñez, Pedro Galilea, o gravador, escultor Jesús Núñez, e polo artista e profesor de gravado, Doroteo Arnaiz.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress