Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Viernes, 2 de diciembre de 2016 | Leída 13 veces
Deputación da Coruña

A área de Cultura da Deputación da Coruña leva as súas liñas de acción a Culturgal

Por segunda vez consecutiva, a Deputación da Coruña levará á Feira de Industrias Culturais, Culturgal, as súas novidades na área de Cultura. A feira desenvólvese en Pontevedra dos días 2 a 4 de decembro...

[Img #40344]

 

Desde o venres e ao longo de toda a fin de semana, Pontevedra será a capital da cultura coa celebración de Culturgal, a Feira das Industrias Culturais na que, por segundo ano consecutivo, a Deputación da Coruña leva as súas novidades e mostra as súas principais liñas de acción en política cultural.

 

No que está considerado grande escaparate da cultura galega, organizado pola Asociación Culturgal, na que están integradas as seguintes asociacións gremiais: Asociación Galega de Editores, Escena Galega, Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) e EGANET (Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e as Novas Tecnoloxías, a área de Cultura da Deputación da Coruña colabora mostrando o seu apoio á feira e participando cunha oferta de actividades e propostas culturais.

 

En primeiro lugar, a Deputación da Coruña ten xa instalado un posto en que, de maneira continuada, se ofrecerá información sobre a política cultural e as diversas convocatorias da área de Cultura. Por medio de diferentes soportes, visibilizarase as principais liñas de traballo da Deputación, programas de apoio á cooperación cultural, apoio á oferta cultural a través da Rede Cultural e apoio á creación e formación a través de bolsas e premios. “Para nós estar en Culturgal significa, en primeiro lugar, apoiar unha iniciativa que se converteu en referencia de visibilización da cultura galega e, por outro, aproveitar a oportunidade para dar a coñecer a política cultural da Deputación, con moitas liñas de traballo de intereses para o público e os distintos sectores que se dan cita na feira”, explicou Goretti Samartín.

 

Asemade, a Deputación da Coruña inclúe no Culturgal unha proposta de actividades que arranca o venres á tarde cunha actividade poética a cargo de Yolanda Castaño para continuar no fin de semana con iniciativas como un relatorio de Fran Rei ou un obradoiro de instrumentos con Pablo Carpintero, gañador da última edición do Premio de Artesanía da Deputación.

 

Como na anterior edición, a Deputación da Coruña puxo o seu posto en Culturgal ao dispor dos concellos da provincia que quixeran participar coa presentación os seus produtos culturais e, neste sentido, daranse cita na feira o Festival Irmandiño de Moeche ou o Asalto ao Castelo de Vimianzo, entre outros.

 

A construción comunitaria da cultura do futuro é o lema dun novo Culturgal que chega a súa novena edición cun programa que inclúe as Xornadas profesionais de Escena Galega que que abordará na mañá do venres as redes públicas de ámbito local e supramunicipal cunha mesa redonda que contará coa participación da responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín.

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2017 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress