CARRAL. Debido a grande demanda a Concellería de Deportes pon en marcha outro curso a partir deste luns...
CARRAL. Este mércores, a concelleira de deportes de Carral, Beatriz Gómez Bouzas, clausurou os cursos de tenis que a entidade municipal organizou durante o mes de xullo coa entrega dun diploma a cada un dos participantes.
Foron un total de 16 os alumnos e alumnas que aprenderon as bases técnicas desta modalidade deportiva As idades dos inscritos partían dos 6 anos en diante, con dúas horas de clase a semana distribuídas en outros dous días semanais. Segundo as idades e o nivel dos participantes fixéronse distintos grupos para que así o proceso de ensinanza e aprendizaxe fose máis eficiente.
A concelleira Beatriz Gómez amosouse enormemente satisfeita pola gran acollida que tivo esta actividade incluída dento da programación deportiva municipal para este verán 2010. Por esta razón o Concello de Carral organizará a partir do luns 2 de agosto un novo curso para todos os interesados en aprender as técnicas elementais deste deporte. Este novo curso terá unha duración dun mes coa mesma carga horaria que o anterior e cun custo de 20€ por alumno. Todos os interesados poderán pasar pola Casa da Cultura de Carral, chamar ao teléfono 981.67.25.80 ou no mail.- deportes@concellocarral.com.