O Goberno de Arteixo plantexa á Xunta de Galicia un emprezamento alternativo para os alumnos mentres duren as obras da nova escola de Pastoriza...
A nova escola de Pastoriza, un proxecto que amplía o centro e o transforma, dotándoo, a maiores do centro escolar, dun centro social, fai preciso reubicar aos rapaces que actualmente reciben clases no centro mentres dure a posta a punto do mesmo.
Por iso o Goberno de Arteixo remitía esta mesma semana á Xunta de Galicia un informe favorable do Departamento de Urbanismo para a ubicación duns módulos temporais nunha parcela cercana, a disposición do Consistorio Arteixán, que permitiría que os rapaces non tiveran que desprazarse demasiado, nin alonxarse do seu núcleo social habitual no momento no que comecen as obras.
O aluguer destes módulos temporais, especialmente deseñados e acondicionados para o seu uso escolar, xa conta cunha partida reservada na Intervención Municipal dende que no pasado mes de xuño se aprobara o suplemento de crédito correspondente, e o terreo está xa a disposición do Concello, polo que compre agora obter a aprobación da Consellería de Educación para poder inicial as obras do proxecto.
A Alcaldesa declaraba onte o seu interese en que a Xunta “resposte á maior brevidade posible a esta proposta, para poder comezar canto antes. Creemos que se trata da mellor opción, posto que permitiría comezar os traballos con rapidez, e reubicar aos rapaces nun lugar axeitado, perfectamente equipado, e, ao mesmo tempo, moi preto do seu entorno, co que facilitaríamos ás familias a conciliación”.