Lémbrase que a Consellería de Medio Ambiente adquiriu o compromiso de mobilizará este ano un investimentos en obra pública por mais de 750 millóns de euros...
A Xunta de Galicia licitou un 110% máis de obra pública que o Goberno anterior nos seus primeiros quince meses. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas acadou dende o 18 de abril ata o 28 de xullo, é dicir nos quince primeiros meses de lexislatura, un nivel de licitación que ascende a máis de 560 millóns de euros (561.086.699), mentres que o Bipartito no mesmo período licitou 265.127.696 de euros.
Cómpre sinalar que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas mobilizará este ano investimentos en obra pública por mais de 750 millóns de euros, o que significa un incremento do 7% con respecto ao ano anterior.
Estas cifras son mostra do esforzo inversor que a Xunta vai a realizar en materia de obra pública, a pesar da etapa constritiva e de recesión da economía actual, e do escenario de austeridade orzamentaria do actual Goberno.
A mobilización destes recursos económicos fai posible a creación ou mantemento de máis de 13.500 postos de traballo directos ou indirectos vinculados ao sector da construción. Dende a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas destacase o importante esforzo realizado dende os primeiros momentos da lexislatura, tratando de axilizar a tramitación de expedientes.
Variante de Noia
Respecto da Variante de Noia, a Xunta quere aclarar que o contrato desta infraestrutura foi adxudicado á oferta mais vantaxosa segundo os baremos técnicos e económicos estipulados no prego de contratación ao que todo o mundo pode acceder, xa que é público, ao igual que a baremación e as puntuacións obtidas polas empresas.
Do total de 20 ofertas presentadas, un total de 9 estaban en baixa temeraria. A primeira oferta non temeraria era de 31,98 millóns de euros. Adxudicouse á oferta de 32,9 millóns de euros (920.000 euros mais cara) polo peso que proposta técnica, claramente mellor, tivo na puntuación final.
Por outra banda, cabe lembrar tamén que a variante de Noia polo interior que tiña previsto facer o bipartito, e que non foi capaz de iniciar, tiña un custe de 80 millóns de euros, polo que a actuación que vai a levar a cabo o actual Goberno implica un aforro de 47 millóns de euros para as arcas autonómicas con respecto ao que pretendía facer o bipartito. Polo tanto, a Variante de Noia que non foi capaz de tramitar o bipartito era ase tres veces máis cara que a adxudicada polo actual Goberno.