Martes, 7 septiembre 2010
Viernes, 30 julio 2010

Feijóo asegura que coa exixencia do pago da débeda ao Estado o Goberno Central está impoñendo “un recorte social encuberto”

Puntúa la entrada

Advirte que non se pode saír da crise nin volver iniciar un crecemento da economía “se a Galicia lle furtan en plena crise económica o 5 por cento dos seus recursos para pagar os orzamentos irresponsables que se fixeron durante os anos 2008 e 2009 en complicidade co Goberno central”...

[Img #4460]O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, subliñou onte que o Goberno de España está impoñendo “un recorte social encuberto” ao exixir ás comunidades autónomas o pago dos anticipos transferidos polo Estado. Segundo expuxo o mandatario galego, o Executivo central “estaría diminuíndo as capacidades orzamentarias” das autonomías en 20.000 millóns de euros “para que apliquen este recorte social encuberto obrigado pola facenda estatal”.

Na rolda de prensa posterior á reunión do Consello da Xunta, Feijóo lembrou que, desde un primeiro instante, advertiu de isto ante a Cámara, ao detectar “que o 5 por cento do orzamento da Xunta ata o ano 2016 se tiña que devolver á facenda estatal”. “Desde ese momento insistimos en que non pode haber novos recortes sociais e isto clarisimamente é un novo recorte social do Goberno central”, aseverou.

“Hai dous recortes sociais: o Real Decreto Lei dos 15.000 millóns de euros que aproba o Goberno central e outro de 20.000 millóns de euros que o Executivo impón para que as comunidades autónomas recorten”, denunciou o mandatario galego, advertindo que se trata “dun recorte social encuberto”.

Galicia, non fará un recorte social encuberto
“A postura é moi clara”, enfatizou Feijóo explicando que, dado que “nós non imos facer un recorte social encuberto, o que pretendemos é poder acompasar os ritmos da devolución ao mantemento dos servizos públicos esenciais sen recorte. E iso é o que lle estamos a plantexar ao Goberno de España: que non empregue ás comunidades autónomas para reducir o déficit público no que está incorrendo nin para facer un segundo recorte social”.

Ao respecto, o presidente da Xunta defendeu que Galicia, “paga o que debe a todo o mundo”, pero insistiu en que o que non pode “é pagar nos prazos en que o Goberno central necesita para solucionar os problemas de déficit público nos que está incorrendo”. Por iso, agregou, “a comunidade galega -e a maioría das comunidades autónomas de forma implícita ou explícita- está plantexando que nos sentemos para poder falar . Non coñezo ningunha comunidade autónoma que estea de acordo con esta proposta”, incidiu.

Alberto Núñez Feijóo amosouse disposto a explicar “polo miúdo por qué o Goberno actual ten que pagar os 2.600 millóns de euros que gastaron os gobernos anteriores” e tamén “a que Galicia cumpra sempre as súas obrigas e a manter unha administración solvente e a dialogar e razoar”.

“O que falta –advertiu-, é que o Goberno se poña a falar coas comunidade autónomas”. “Isto non é un capricho, é unha responsabilidade”, indicou subliñando que “o importante será o que diga o Goberno e o presidente dese Goberno”.

Mantemento duns servizos públicos de calidade
Na súa intervención, o mandatario autonómico abondou na necesidade de manter uns servizos públicos de calidade: “Igual que os estremeños, os canarios e os galegos queremos servizos públicos de calidade, non hai ningún presidente que estea disposto a rebaixar a calidade dos servizos públicos. Desde logo en Galicia non se van rebaixar, xa se atenda ou non esta cuestión”, afirmou.

Na mesma liña, argumentou que non se pode saír da crise económica nin volver iniciar un crecemento da economía “se a Galicia lle furtan en plena crise económica o 5 por cento dos seus recursos para pagar os orzamentos irresponsables que se fixeron durante o ano 2008 e 2009 en complicidade co Goberno central”.

“Ante unha devolución irresponsable dun gasto temos que buscar un procedemento responsable para facer fronte a ese gasto. Se o Goberno de España ten 15 anos para pagar a débeda pública, como se lle vai pedir a un goberno autonómico que a pague en cinco?”, argumentou Feijóo. Neste punto, lembrou que o Goberno galego xa advertiu de ingresos ficticios nos orzamentos e dun burato que, agora, dixo, “pode chegar ao 2.600 millóns de euros”.

Por iso, enfatizou, “nós dirixímonos ao Goberno no propio Consello de Política Fiscal e Financeira de antonte e plantexámoslle, na quenda de rogos e preguntas –dado que non estaba introducido na orde do día e que é algo necesario antes da aprobación dos Orzamentos do Goberno de España e dos gobernos autonómicos- ter unha xuntanza”. A este respecto lembrou que, onte mesmo, o presidente de Canarias se sumou a esta iniciativa, ao anunciar que solicitará tamén unha convocatoria urxente do Consello de Política Fiscal e Financeira para avaliar este asunto.
Tema: Gobierno gallego ,Hacienda

El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2009 • Todos los derechos reservados.
POWERED BY FOLIOePRESS