O Grupo Municipal Socialista, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que poida resultar de aplicación, presenta, diante do Pleno da Corporación de Arteixo esta MOCIÓN, en base a seguinte...
![[Img #4447]](upload/img/periodico_demonews001/img_4447.png)
![[Img #4448]](upload/img/periodico_demonews001/img_4448.png)
As políticas sociais constitúen ,ou deben constituír ,unha prioridade para as administracións públicas a fin de garantir a efectiva igualdade de oportunidades entre todas as persoas
O partido socialista ten liderado o avance transformados nas políticas sociais en España nos gobernos de Felipe Gonzàlez ca universalización de dereitos fundamentais ,consolidados co goberno de José Luis Rodríguez Zapatero onde se experimentou un incremento do 60% de inversión social fronte a Dereita reaccionaria de Aznar .No goberno da Xunta de Galicia presidida por Emilio Pérez Touriño as políticas sociais ,no seu senso máis amplo ,educación ,sanidade,benestar ,cohesión social ,experimentaron un profundo cambio respecto ao pasado de Fraga Iribarne . A chegada ao goberno de Núñez Feijoo está a supor un deterioro paulatino e irreversible das políticas sociais ,procedendo à privatización dos servicios públicos,a recortes sen precedentes de gasto social ,à despreocupación polas políticas públicas de igualdade e a un afán de esquecer as políticas que colocan as persoas en primeira liña de actuación mentres potencian o negocio privado clientelar impropio dun sistema democrático e transparente .Asemade a absoluta falla de respecto institucional cos concellos levaron à Xunta a boicotear as políticas sociais municipais,asfixiando a súa financiación e un senfin de programas
Pola súa banda os concellos constitúen unha peza fundamental no desenvolvemento das políticas sociocomunitarias ,na atención inmediata das persoas e na garantía do exercicio dos dereitos sociais das persoas
En base ao anteriormente disposto, o Grupo Municipal Socialista de Arteixo solicita ao Concello de Arteixo e inste a Xunta de Galicia a
1.Primar a inversión social a lo menos nos mesmos termos do goberno bipartito .
2.Activar as políticas públicas sociais no seu senso máis amplo ,evitando a privatización dos servicios públicos.
3.Desenvolver ,unha política de colaboración institucional cos concellos que garantan o efectivo desenvolvemento das políticas sociais municipais ,a través da axeitada financiación de medios persoais e materiais.
4.Reconducir a nefasta xestión da Xunta de Galicia en políticas sociais, reactivando o Plan Concertado,as Políticas de Dependencia e os programas de colaboración cos municipios.
5.Cumprir nos seus termos a normativa vixente en políticas sociais.
|
© 2009 • Todos los derechos reservados.
|