A parcela destinada ao novo Centro de Saúde de Vilarrodís queda a disposición do Goberno Local...
A casa habitada que ocupa a parcela de Vilarrodís destinada a albergar o Centro de Saúde deixará de estar habitada antes do 10 de setembro, despois de que os residentes aceptaran, xusto antes de entrar na Sala, a proposta presentada polo Goberno Local de Arteixo de ser realoxados temporalmente e até que solventen os seus problemas coa promotora e os demais propietarios nun piso.
Este acordo, que xa fora presentado polo executivo local en anteriores ocasións, e que até o de agora obtivera resposta negativa pola outra banda, permitirá ao Concello de Arteixo rematar a Contratación da Urbanización –un proceso que poderá finalizarse en canto os residentes desaloxen a vivenda-, e dar así o paso necesario para que a Xunta de Galicia poña en marcha a construcción do novo Centro de Saúde, unha necesidade largamente demandada polos veciños.
A Alcaldesa amosaba esta mañá a súa satisfacción co resultado “porque o importante é que xa temos o terreo a disposición e que podemos dar saída a este problema, un problema que nace de moi atrás e que este Goberno Local ven tratando de solventar dende hai moito tempo”, aínda que lamentaba que o acordo teña tardado “tanto tempo en chegar, cando ao remate aceptaron a solución que o Goberno plantexou dende o principio a través da Concelleira, Lourdes Loureiro. Podiamos ter avanzado moito, pero o importante é que xa estamos no camiño”.
Segundo o acordo ratificado no Xulgado, os residentes teñen até o 10 de setembro para abandoar a casa. Cumprido este prazo, o xulgado comezaría o proceso de desahucio para rematalo antes do 29 do mesmo mes.
O Goberno Local dará traslado inmediatamente deste acordo á Xunta de Galicia, para que así poidan poñer en marcha os procesos necesarios para a construcción do Centro de Saúde á maior celeridade posible.
|
© 2009 • Todos los derechos reservados.
|