Martes, 7 septiembre 2010
Miércoles, 28 julio 2010

O novo CEIP de Arteixo abre as súas portas ao goberno municipal

Puntúa la entrada

A Alcaldesa de Arteixo, a Concelleira de Educación e o Concelleiro de Urbanismo visitaban onte as instalacións do novo CEIP Arteixo, xunto co Conselleiro de Educación e o Delegado Provincial da Xunta de Galicia...

[Img #4388]Alcaldesa puido coñecer o recinto do novo CEIP, un novo centro escolar que dará saída a enorme demanda dun concello que crece exponencialmente ano tras ano, e que contaba, até o de agora, co CEIP máis saturado de Galicia, o Ponte dos Brozos, que agora verá algo aliviada a súa carga.

A corrección da nova instalación, contrasta, segundo apuntaban tanto a Rexedora Local como a Concelleira de Educación, co precario estado do CEIP Ponte dos Brozos “que require arranxos inmediatos, algo que levamos moito tempo reclamando á Xunta”.

O novo CEIP solventa, alomenos polo momento, os problemas de espacio nos centros escolares de Arteixo, “aínda que en pouco tempo será necesario un novo centro”, apuntaba Dna. Pilar Souto, “porque este xa nace coas prazas completas, cubertas practicamente ao 100%”.

Tanto a Concelleira de Educación como a Alcaldesa lamentaron “a desorganización absoluta” á hora de convocar ao Goberno Local á visita “con correos modificando a hora constantemente. De feito, o último correo convocábanos ás 12:00 da mañá, non ás 10:00. onte mesmo enviaron un novo correo desculpándose polo erro, e, evidentemente, aceptamos as súas desculpas, pero espero que os evidentes problemas de comunicación entre a Consellería e o Concello, completamente alleos a este último, melloren”.

El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2009 • Todos los derechos reservados.
POWERED BY FOLIOePRESS