LARACHA. Estos son los cambios de los horarios na ruta NoiteBús a laracha - Ponteceso
LARACHA. Os veciños da Laracha que desexen desprazarse ata Ponteceso na noite dos sábados para disfrutar da oferta de ocio que se localiza nese próximo municipio da Costa da Morte poderán facelo cos novos horarios que xa están en funcionamento para a noite dos sábados.
Este percorrido, o único que funcionará baixo a xestión do Concello da Laracha, ten desde agora as seguintes paradas e horarios:
| SAÍDA | HORA | CHEGADA | HORA |
| A LARACHA | 23.15 | A CORUÑA | 00.00 |
| A CORUÑA | 00.00 | A LARACHA | 00.30 |
| A LARACHA | 00.28 | PONTECESO | 01/01/00 |
| PONTECESO | 01/05/45 | A LARACHA | 01/06/20 |
| A LARACHA | 01/06/20 | A CORUÑA | 01/06/45 |
| A CORUÑA | 01/06/45 | A LARACHA | 01/07/30 |
As saídas e os destinos no caso da Coruña serán Porta Real, a zona na que se concentra a oferta de ocio nocturna na noite dos sábados.
Tanto na ida como na volta, realizaranse paradas -ademais de na Laracha, A Coruña e Ponteceso- en Arteixo, Lañas, Paiosaco, Cabovilaño e Carballo.
O propósito do Concello da Laracha con este troco no horario é optimizar o servizo e potenciar a súa utilización, especialmente entre os mozos. O Noitebús continuará tendo unha dobre función: ofrecer a posibilidade de que persoas doutros concellos acudan á Laracha –favorecendo, deste xeito, aos locais de hostalería do noso municipio- e facilitar o desprazamento aos nosos veciños cara outras zonas nas que se concentra, a día de hoxe, a oferta de ocio nocturna. En ambos casos ofrécese un medio de transporte seguro, cómodo, barato, rápido e eficaz.
Así mesmo, desde o Concello lembramos que continuarán en funcionamento outras tres liñas de Noitebús que discorren polo termo municipal da Laracha e que son xestionadas por outros municipios.
Itinerario Caión - A Laracha – Paiosaco - Ordes (Sábados)
- Caión – A Laracha – Paiosaco – Cerceda – Ordes. Saída ás 23.15
- Ordes – Cerceda – Paiosaco – A Laracha - Caión. Saída ás 5.15
Itinerario Paiosaco – A Laracha - Santa Comba (Sábados)
- Paiosaco – A Laracha – A Silva – Santa Comba. Saída ás 23.55
- Santa Comba – A Silva – A Laracha – Paiosaco. Saída ás 5.30
Itinerario A Laracha – Cambre – Bribes (Venres)
- A Laracha – Paiosaco – Arteixo – Cambre – Cuatro Caminos – Bribes. Saída ás 23.00
- Bribes – Cuatro Caminos – Cambre – Arteixo – Paiosaco – A Laracha. Saída ás 5.20