Aviso sobre el Uso de cookies: Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia del lector y ofrecer contenidos de interés. Si continúa navegando entendemos que usted acepta nuestra política de cookies. Ver nuestra Política de Privacidad y Cookies
Martes, 15 de marzo de 2016 | Leída 96 veces

Elaboración da estratexia do novo programa Leader 2014- 2020

O Grupo de Desenvolvemento Rural Mariñas- Betanzos comezará os traballos para o deseño da nova Estratexia do Programa Leader 2014- 2020, tras a publicación da Resolución das Bases o pasado 2 de marzo no Documento Oficial de Galicia…

Para este novo período, a Comunidade Autónoma de Galicia disminúe o número de Grupos de Desenvolvemento Rural, reducíndose dos trinta e un actuais ata os vinte e catro, manténdose o Grupo de Desenvolvemento Rural Mariñas- Betanzos e a súa estructura territorial, sendo un dos máis dinámicos de Galicia. Entre as novidades do Programa, destaca unha nova liña de axudas para proxectos dos Concellos. Dita Estratexia deberá ser coherente cos obxectivos e co Plan de Xestión da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”.

 

En breve, convocaranse reunións cos técnicos municipais, asociacións, empresas e colectivos interesados no desenvolvemento rural, co obxectivo de presentarlles as principais novidades e o proceso a seguir na elaboración da Estratexia 2014- 2020. Ademais, nos vindeiros tres meses, realizaranse diferentes reunións e mesas sectoriais cos axentes do territorio, co obxectivo de definir a Estratexia a seguir para esta área que comprende os Concellos de Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Irixoa, Oleiros, Oza- Cesuras, Paderne, Sada e Curtis.

 

Os datos do anterior Programa Leader 2007- 2013 reflicten as seguintes cifras: mobilizáronse un total de 8.183.275,98 € no territorio de Mariñas- Betanzos, sendo o investimento privado mobilizado de 5.725.154,88 €. O Leader 2007-2013 supuxo un impulso de cara ó desenvolvemento socioeconómico deste territorio, declarado no ano 2013 pola UNESCO “Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”.

 

[Img #37285]

¡Deje su comentario!
Normas de Participación
Esta es la opinión de los lectores, no la nuestra.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
El Noticiero de Arteixo • Términos de usoPolítica de PrivacidadMapa del sitio
© 2019 • Todos los derechos reservados
Powered by FolioePress