Un total de 3.500 xóvenes de 16 concellos da provincia participaron nas actividades do II Programa Provincial de Loita contra as Toxicomanías...
O deputado responsable da área de Benestar Social, Políticas de Igualdade de Xénero e Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, Xoán Manoel Sande Muñiz, presentou onte, no decurso dunha rolda de prensa celebrada na sala “Juanjo Gallo” da institución provincial, as conclusións do desenvolvemento do II Programa de Loita contra as Toxicomanías, acompañado por responsales da empresa IDEARA, adxudicataria do desenvolvemento do programa nas zonas da Coruña, Santiago, e Barbanza.
Xoan Sande sinalou que o II Programa de Loita contra as Toxicomanías da Deputación da Coruña contou cunha achega de 112.900 euros para a desenvolvemento de actividades nestas tres comarcas e destacou “a elevada rendabilidade social” deste investimento. En concreto, densenvolvéronse actividades formadoras preventivas e doutra índole, cos obxectivos de previr o consumo de drogas legais e ilegais, retrasar a idade media de inicio no consumo, reducir a tolerancia frente a certas drogas e, en definitica, modificar a actitude da xente nova perante as drogas.
Arturo Bustelo, cerente de IDEARA e José Manuel Fariñas, coordinador do Programa de Prevención manifestaron que as intervencións realizadas en 16 concellos, dos que 6 pertencen á comarca de Compostela (Ames, Boqueixón, Brión, Teo, Val do Dubra e Vedra), 5 á de Barbanza (A Pobra do Caramiñal, Boiro, Muros, Noia e Porto do Son) e outros cinco á comarca da Coruña (Arteixo, Cambre, Carral, Oleiros e Sada).
As actividades, dirixidas a mozos e mozas de entre 12 e 18 anos, consistiron en actividades de carácter preventivo no ámbito escolar, actividades preventivas coas familias (escola de pais e nais) e actividades de prevención no ámbito comunitario. Nesta liña Xoan Manoel Sande quixo salientar a boa acollida e a elevada participación das actividades desenvolvidas, nas que tomaron parte máis de 3.500 persoas.
O deputado responsable da área de Benestar Social, manifestou o seu convencemento da importancia de que todas as partes e administracións implicadas “reforcen unha intervención conxunta e integral, que permita sumar esforzos sen solapar iniciativas nen duplicar recursos”, no eido da prevención das toxicomanías e da creación de alternativas saudables.